Inicio Destacado A Deputación felicita á Banda Unión Musical de Allariz pola súa medalla...

A Deputación felicita á Banda Unión Musical de Allariz pola súa medalla de ouro no World Music Contest

Ourense, 24 de xullo de 2022. A Deputación felicita á Banda Unión Musical de Allariz, que acaba de obter a medalla de ouro e o cuarto posto no World Music Contest de Kerkrade, nos Países Baixos.

O director da banda, José Vega, expresou a súa satisfacción polos resultados obtidos neste prestixioso certame: “Este é o concurso máis importante a nivel mundial, as olimpíadas da música. A verdade é que estamos moi felices”.

En conversa coa deputada Luz Doporto, que felicitou á agrupación alaricana por este novo éxito, José Vega tamén resaltou a importancia do apoio da Deputación. O goberno provincial colaborou este ano coa Asociación Cultural Unión Musical de Allariz cunha achega económica para gastos de funcionamento e outra para a compra de instrumentos.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Dolor en la familia baloncestística: muere a los 63 años el ala pivot Jimmy Wright, leyenda del Breogán

O concurso internacional de bandas de música celebrase cada catro anos nesta localidade holandesa. Considerada coma unha das citas de referencia mundial para as agrupacións da música de vento, reuniu nesta edición a máis de 20.000 músicos e 300.000 visitantes en Kerkrade.

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 24 de julio de 2022
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Ourense, 25 de julio de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.