Inicio Destacado Manzaneda prepárase para un novo fin de semana de promoción e difusión...

Manzaneda prepárase para un novo fin de semana de promoción e difusión da cultura galega

A XIII edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas será este domingo o cumio dunha programación que se completa, o sábado, coa celebración do V Serán da Seitura e a Noite Celta

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, resaltou esta mañá na presentación o nivel duns eventos que “combinan con gran acerto a nosa cultura cunha das nosas mellores paisaxes”

Ourense, 26 de xullo de 2022.- Manzaneda celebra este domingo, día 31 de xullo, a XIII edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Unha cita de referencia que completa un fin de semana cunha intensa programación en Manzaneda, que acollerá o sábado, na Praza da Igualdade do municipio, o V Serán da Seitura e, unhas horas máis tarde na estación de montaña, coa Noite Celta.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial na presentación destes eventos, que contan co apoio do goberno provincial, a Xunta de Galicia, o Concello de Manzaneda e a Estación de Montaña de Manzaneda. Fernández estivo acompañado polo alcalde do municipio, Amable Fernández, o director da Estación de Montaña de Manzaneda, Víctor Manuel Picos, e polo director da Escola e a Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo.

Leer más:   No marco do 8 de marzo, a Deputación celebra o foro “Emprendedoras, en feminino” e edita o cómic “Mulleres en acción”

César Fernández resaltou a importancia da cooperación institucional para organizar un “fin de semana moi singular, porque combina con gran acerto a nosa cultura tradicional coa fermosa paisaxe do entorno da Estación de Montaña de Manzaneda”. Por iso, “é moi recomendable gozar coa calidade dos participantes e da paisaxe”, sinalou o vicepresidente antes de invitar a todos a asistir a este fin de semana, “precisamente neste verán que retomamos os eventos multitudinarios”. Fernández destacou tamén o traballo de Xosé Lois Foxo á prol da cultura galega.

Un recoñecemento ao que se sumou na súa intervención o alcalde de Manzaneda, que tamén agradeceu a participación das bandas e gaiteiros no certame. Amable Fernández invitou a todos á asistencia a un evento que, o domingo, contará cunha carpa para xantar e con postos de artesanía na explanada da estación de montaña. “Recuperamos o ambiente que tiñamos antes da pandemia”, sinalou o rexedor.

“É un honor acoller este fin de semana de citas culturais”, resaltou o director da Estación de Montaña, que avanzou todo o seu apoio para seguir potenciando o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, o Serán da Seitura e a Noite Celta.

Leer más:   César Fernández visitou o IES O Ribeiro na Semana Escolar das Letras Galegas, organizada pola Deputación

Pola súa banda, Xosé Lois Foxo remarcou a filosofía dun evento deseñado para a “promoción e a difusión da cultura galega”. O director da Escola Provincial de Gaitas explicou que con eventos como o Serán da Seitura “queremos recuperar aqueles vellos cánticos nas memorias das nosas xentes do século XIV, e representados na escultura da cantareira Ludivina Pérez”.

Foxo tamén destacou a participación dos rapaces na Noite Celta -“unha festa de alegría”- e a presenza de bandas e gaiteiros de referencia dentro do Certame do domingo. “Manzaneda é un absoluto referente da música popular galega”.

Programación do sábado

A fin de semana en Manzaneda arrancará o sábado ás 18,00 horas na Praza da Igualdade de Manzaneda, coa celebración do V Serán da Seitura, enmarcada na homenaxe ás cantoras Clotilde Salgado, Consuelo López e Aquilino de Bidueira.

Nesta cita, presentada polos regueifeiros Lupe Blanco e Kike Estévez, actuarán a violinista María Rodríguez, os informantes do Cancioneiro da Seitura de Manzaneda e Terra de Trives, o grupo de acordeóns Airiños da Porta Falsa de Manzaneda, as Cantareiras da Real Banda, o Grupo A Pinguela de Manzaneda e a Real Xuvenil.

Leer más:   Las mejores rutas de Ourense: descubriendo un paraíso de paisajes

E esa mesma noite celebrarase na estación de montaña de Manzaneda a Noite Celta, a partires das 23,00 horas.

Fase final do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

O campo de competicións de Cabeza de Manzaneda acollerá o domingo, 31 de xullo, a fase final da XIII edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

A competición arrancará ás 11,30 horas, dentro dunha programación e inclúe o campionato de bastón de mando, o campionato de gaiteiros solistas e os concurso das bandas. Nesta fase final, participan no cuarto grao as bandas do Concello de Ríos, O Bolo e Baltar; no terceiro grao as bandas do Concello de Vilariño de Conso, Devalar do Concello de Amoeiro, Os Trintas de Trives e Aires Mineros de Matarrosa del Sil; no segundo grao, Ladies Band e Municipal de Chantada; e no primeiro grao, Castro Bergidum, Real Xuvenil e Agarimo de Catabois.


- Te recomendamos -
Artículo anterior(AMP) Jácome rompe el pacto de gobierno con el PP en Ayuntamiento y Diputación de Ourense tras otra “traición”
Artículo siguienteEl PP de Ourense atribuye a la llegada de Manuel Cabezas al grupo el “motivo de la salida” del gobierno de Jácome
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.