Inicio Destacado A Deputación colabora na organización da VIII edición do Festival Hércules Brass...

A Deputación colabora na organización da VIII edición do Festival Hércules Brass Celanova

Ourense, 28 de xullo de 2022.- O deputado Pablo Pérez participou esta mañá no Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova na presentación da VIII edición do Festival Hércules Brass, que se celebrará entre o 1 e o 5 de agosto co apoio da Deputación de Ourense. Pérez estivo acompañado na presentación, entre outros, polo alcalde de Celanova, Antonio Puga, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e os organizadores do festival. 

Pablo Pérez felicitou ós organizadores do Hércules Brass polo bo traballo realizando consolidando un encontro que impulsa a música de metal dende unha dobre vertente, “con cinco concertos de absolutos referentes internacionais” e favorecendo a formación de 92 estudantes. O deputado tamén resaltou o importante retorno socioeconómico para a vila, cun evento que espera a 2.500 espectadores. 

Leer más:   Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación a Queixumes dos Pinos para garantir o futuro do legado de José Antonio Viñas

A VIII edición do Festival Hércules Brass de Celanova tamén conta co respaldo do Concello de Celanova, a Xunta de Galicia e o Instituto Nacional das Artes Escénicas e Musicais. A programación arranca o luns 1 de agosto co quintento Hércules Brass, acompañado pola Banda de Música de Celanova. O martes estará o KamBrass Quintet, o mércores chegará o recital do trompetista Sergei Nakariakov, acompañado pola pianista Maria Meerovitch. O xoves, 4 de agosto, concerto da Real Filharmonía de Galicia e a clausura correrá a cargo do Hércules Brass Ensemble, dirixido polo trombonista Christian Lindberg. Tódolos concertos serán no Claustro do Mosteiro e arrancarán ás 20,30 horas. 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorArnoia celebra a XLIII Festa do Pemento, co apoio da Deputación a un dos produtos senlleiros da gastronomía ourensá
Artículo siguienteEl PSOE de Ourense retira la iniciativa para nombrar ‘non gratos’ a Tellado y Prado al no contar con la abstención de PP
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.