Inicio Destacado César Fernández participou na entrega de premios da primera edición da Arnoia...

César Fernández participou na entrega de premios da primera edición da Arnoia Sup Challenge

Ourense, 31 de xullo de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou na entrega de premios da primeira edición da Arnoia Sup Challenge, competición organizada polo Concello de Arnoia coa colaboración do goberno provincial, e que contou cunha participación de máis dun centenar de deportistas procedentes de varios países, encabezados por referencias mundiais do paddle surf. 

Bruno Hasulyo e Esperanza Barreras, ambios campións do mundo, foron os gañadores da categoría elite. A proba arrancou as 10,00 horas no pantalán da Arnoia, no Miño, coas saídas da categorías sub10, sub12, sub14 e afeccionado, precedendo a categoría absoluta. Ao remate da competición, e tras a entrega de premios, comezaron as actividades paralelas dentro da Festa do Verán de Arnoia. A organización resalta que “os participantes e os seus acompañantes puideron gozar dos produtos da gastronomía local, como culminación dun inesquecible espectáculo”. 

Leer más:   Manuel Baltar visita a instalación da nova zona de saída do campo de remo do encoro de Castrelo de Miño

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorMontse Lama incorpórase ao PP de Ourense: “Non é momento para experimentos. Este é o partido que mellor representa aos veciños da nosa provincia”
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Ourense, 1 de agosto de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.