Inicio Destacado A Insua dos Poetas acolle este sábado ao grupo de folk arxentino-galego...

A Insua dos Poetas acolle este sábado ao grupo de folk arxentino-galego Sete Netos

O concerto, gratuíto, arrancará na Esgueva o sábado 5 de agosto ás 20,30 horas

A banda está formada por netos de emigrantes galegos e é a primeira vez que estarán en Ourense. Son unha referencia na difusión da música tradicional galega en Iberoamérica

O presidente da Fundación Insua dos Poetas, o poeta Luís González Tosar, enmarca este concerto dentro “dos nosos principios e da nosa aposta por ter en conta a Galicia do alén, o quefacer a prol da nosa lingua e a nosa cultura na diáspora”

Ourense, 1 de agosto de 2022.- A Insua dos Poetas acolle este sábado, día 5 de agosto, o concerto gratuíto do grupo de folk arxentino-galego Sete Netos. A cita, na que colabora a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, comezará as 20,30 horas na Esgueva (Madarnás  – O Carballiño).

Sete Netos é unha banda de música folk, tradicional galega con fusión de folclore arxentino e iberoamericano- formada en 1998 en Buenos Aires. A maioría dos seus integrantes proceden do Grupo de Música e Danza do Centro Galicia de Buenos Aires.

Leer más:   A Deputación colabora coa organización do IV Car Outlet, que se celebrará este fin de semana en Expourense

O grupo está formado por netos de emigrantes galegos -de aí o nome da banda- que se formaron dende rapaces na música tradicional de Galicia. Teñen colaborado con grupos de prestixio internacional como Milladoiro, The Chieftains, Carlos Núñez, Luar na Lubre, Berrogüetto e outros grandes que visitaron Bos Aires, sendo eles mesmos unha referencia neste tipo de música en toda Latinoamérica.

A crítica resalta o traballo de Sete Netos combinando instrumentos tradicionais con outros máis contemporáneos, establecendo interesantes conexións entre a música do universo celta e a música tradicional de América. Son os difusores na República Arxentina e noutros países de forte emigración galega -Uruguay, Chile, Brasil, Venezuela, México e Panamá- dunha mestizaxe entre a música dos seus ancestros, dándolle un matiz moderno e innovador, con expresións tradicionais da Arxentina e toda Iberoamérica.

A Insua dos Poetas, un referente no mundo literario e no campo das artes plásticas que xa ten acollido no Anfiteatro Nós concertos de Sés, Milladoiro, Luar na Lubre ou Iván Ferreiro

Leer más:   Volta á normalidade nas instalacións deportivas municipais

A Insua dos Poetas, unha iniciativa levada a cabo ao longo de quince anos de actividade cultural inintorrompida, constitúe un referente no mundo literario e no campo das artes plásticas. E desde a inauguración en 2020 do Anfiteatro NÓS, conmemorativo do centenario da revista Nós, ten acollido importantes concertos musicais como o de Sés, Milladoiro, Luar na Lubre, A banda da Loba, Iván Ferreiro ou Xisco Feijóo.

“E agora, fiel aos nosos principios de ter en conta a Galicia do alén, o quefacer a prol da nosa lingua e a nosa cultura na diáspora, a Insua dos Poetas será o escenario natural do Grupo Sete Netos de Bos Aires”, explica o presidente da Fundación Insua dos Poetas, o poeta Luís González Tosar.

Longa traxectoria dun grupo de referencia na difusión da música tradicional galega

Sete Netos lanzou o seu primeiro disco -homónimo- o 20 de abril de 2002, nun concerto no auditorio de Belgrano, en Bos Aires, diante de máis de 5.000 persoas. O 10 de maio de 2008 presentaron o seu segundo traballo discográfico, “Fogaxe”. Esta vez no Teatro del Globo, unha das principais salas porteñas. Pouco despois levarían a cabo a súa primeira xira por Galicia, con concertos en Santiago, A Coruña, Vigo ou Pontevedra.

Leer más:   Ourense acoge la reunión técnica de Ciudades AVE

Nesta segunda andaina de Sete Netos por Galicia estarán presentes por primeira vez na provincia de Ourense.

Integran Sete Netos Gabriel Alberto Ponte -gaita, flautas, tin whistle e percusión-, Alberto López Barros -gaita, flautas, saxo, low whistle, ocarina, acordeón e teclados-, Jorge Alberto Sisto Mellid -guitarra, bandurria, laúd, batería, tambor e derbake-, Hugo Edgardo Reverditto Antúnez -pandeireta, bombo, cunchas, bodhran, djembe, derbake e percusión-, Marcelo Olveira Cambeiro -batería, djembe, derbake e guitarras-, Pablo Rouco -teclados, gaita, acordeón e arpa- e Nicolás Pérez -gaita, flautas, tin whistle, guitarras, violín e acordeón-.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 1 de agosto de 2022
Artículo siguienteLa Xunta activa una alerta naranja por altas temperaturas en la zona del Miño de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.