Inicio Destacado A XII Andaina de Armariz recadará fondos para a Asociación Ourensá de...

A XII Andaina de Armariz recadará fondos para a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras

A andaina está organizada pola Asociación de Veciños San Ramón de Armariz en colaboración coa Deputación e o Concello de Nogueira. Arrancará este sábado, día 6 de agosto, ás 09,30 horas do souto de San Ramón

Ourense, 2 de agosto de 2022.- Este sábado, día 6 de agosto, volve a tradicional andaina de Armariz, que combina a reivindicación da vida activa e a solidariedade, estando dedicada este ano a axudar á Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER), colectivo ao que irá destinado a metade da recadación do evento.

A cita está organizada pola Asociación de Veciños San Ramón de Armariz en colaboración coa Deputación de Ourense e o Concello de Nogueira de Ramuín. O vicepresidente primeiro do goberno provincial, Rosendo Fernández, reuniuse esta mañá co presidente da asociación veciñal, David González, o concelleiro de Deportes de Nogueira, Raúl Soto, e os membros de AODEMPER Alberto Permuy, Socorro Fernández e Laura Ruiz, para presentar a décimo segunda edición dunha andaina que combina “deporte, solidariedade e respecto polo medio ambiente”, como resaltou Fernández.

Leer más:   A Deputación colabora co Concello de Vilar de Barrio na adquisición de maquinaria para a loita contra incendios forestais

A XII Andaina de Armariz, que ten un percorrido de 12 quilómetros, arrancará ás 09,30 do sábado no souto de San Ramón. Dende a organización destacan que deseñaron unha andaina “doada, sen moitas subidas, e con moita sombra”, e inciden en que se “recorre toda a zona de parroquia, que conta cunha gran riqueza patrimonial. Durante a andaina poderase ver unha igrexa do século XII, o peto das ánimas ou un petroglifo”. Ademais, explican, “esta edición inclúe a novidade dun cambio de ruta respecto a anos anteriores grazas á ampliación da Ruta dos Muíños de Cachamuíña, que xa chega ata Armariz”.

O custe da inscrición -aberta ata o 4 de agosto- é de 6 euros, e pode realizarse na oficina de turismo de Luíntra, na sede de AODEMPER, na tenda Hada Madrina ou a través dos teléfonos 666 147 477 ou 669 211 828. Xa suman máis de 100 participantes.

Leer más:   Oitocentos escolares de toda a provincia participaron nos obradoiros "espazos kids" organizados pola Deputación

- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Cabezas, designado candidato del PP a las municipales en Ourense con la misión de “recuperar la mayoría absoluta”
Artículo siguienteArnoia, Castrelo de Miño e Cenlle volven a converterse nun “epicentro cultural da provincia” a través da segunda edición do Espírito Ribeiro
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.