Inicio Destacado Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle volven a converterse nun “epicentro cultural...

Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle volven a converterse nun “epicentro cultural da provincia” a través da segunda edición do Espírito Ribeiro

O festival, que conta co apoio da Deputación de Ourense, celebrarase do 19 ao 21 de agosto cunha programación que mestura a música e a gastronomía con “dous activos fundamentais do Ribeiro, como son a paisaxe e o viño”, resaltou na presentación o vicepresidente segundo, César Fernández

O programa do Espírito Ribeiro combina concertos de Tam Tam Go, A Roda, os Fabulosos Weekend ou unha homenaxe a Raffaella Carrá con actividades paralelas e un mercado de proximidade

Castrelo de Miño, 2 de agosto de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou esta mañá no parque náutico de Castrelo de Miño na presentación da segunda edición de “Espírito Ribeiro”. O evento cultural, con sede na Arnoia, Castrelo de Miño en Cenlle, celebrarase entre o 19 e o 21 de agosto co apoio do goberno provincial e a Xunta de Galicia.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro estivo acompañado na presentación polos alcaldes de Castrelo de Miño, Arnoia e Cenlle -Avelino Pazos, Rodrigo Aparicio e José Manuel Rodríguez-; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; o presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; a xerente do Inorde, Emma González, e o organizador do festival, Juan Rivas.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Autobús escolar en Amoeiro sufre un accidente sin heridos graves

Cesar Fernández destacou que esta segunda edición “da continuidade ao éxito rotundo deste festival, que permite unir valores do Ribeiro, como é a paisaxe e o viño -o elemento fundamental da nosa comarca-, coa a música e a gastronomía. Con este festival, estes tres concellos convértense nun epicentro da vida cultural de Ourense”.

Avelino Pazos, quen falou en nome dos tres rexedores, destacou que “Espírito Ribeiro é un claro exemplo de cooperación entre administracións. Quero darlle as grazas a todos por colaborar e fomentar o modelo económico da nosa comarca que é ou viño do Ribeiro, bos produtos de proximidade, a natureza, deportes náuticos e todo regado con música”.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta de Galicia asegurou que “Espírito Ribeiro é un triunfo e un exemplo do que se debe facer nun territorio”. Mentres, o presidente do Consello Regulador da DO do Ribeiro, Juan Manuel Casares, insistiu en que “agrádame moito o título, porque resume perfectamente ou latexar desta terra”.

A xerente do Inorde, Emma González, apuntou que “Espírito Ribeiro entronca perfectamente coa proxección de marca turística da provincia de Ourense que promovemos”. E o organizador do festival, Juan Rivas, repasou os detalles da programación do festival, incidindo na importancia da cooperación entre administracións públicas para levar a cabo este proxecto.

Leer más:   "Ao redor do Universo Beatle" incorpora o seu catálogo, "unha peza de coleccionismo que pon colofón a esta inesquecible exposición"

Programación da segunda edición do Espírito Ribeiro

A xornada inaugural do venres 19 celebrarase na Arnoia. O grupo de música tradicional galega A Roda será o encargado da apertura. A continuación o grupo de versións liderado polo actor Manuel Manquiña, Os Fabulosos Weekend, repasará algúns dos mellores temas da música pop. Ademais acompañaralles Cañita Brava, como artista invitado.

O sábado día 20, o Espírito Ribeiro trasládase a Castrelo de Miño. “Ciencia que alimenta” do dúo Roto e Descosida, abrirá a xornada cun espectáculo de ciencia para todos os públicos. Roi Casal, un dos referentes da nova xeración musical galega, aterrará en Castrelo de Miño co seu son actual combinado con achegas da cultura tradicional. Como peche da xornada, o espectáculo baseado nunha das grandes divas da música disco, Raffaella Carrá, con “Ciao Raffaella”, unha homenaxe á italiana a través dos seus clásicos.

A sesión final, o domingo 21 en Cenlle, arrincará co pallaso Rony Macarroni e o seu espectáculo para público infantil e familiar. A continuación, o grupo ourensán Soul & Roll interpretará versións de clásicos pop. Para concluír esta segunda edición de Espírito Ribeiro, o programa pecha co grupo Tam Tam Go. Cancións como “Manuel Raquel” ou “Espaldas mojadas” pondrán o peche á segunda edición do festival.

Leer más:   Dúo de ladrones pillados robando en pleno acto cupones de la ONCE en A Guduiña

Espírito deste festival

O Espírito Ribeiro conxuga a cultura do viño e a paisaxe coa gastronomía, a música, e o mercado de produto de proximidade, ao tratarse dunha celebración que reúne a representantes do mundo da enoloxía, da gastronomía, do produto local, e na que hai unha mostra das adegas e colleiteiros da comarca do Ribeiro. O obxectivo é difundir o arraigo cultural ao redor da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, impulsora da economía local, que asocia calidade, compromiso social, tradición e arraigo á terra.

A proposta nace coa vocación de servir como panca da economía da comarca nun momento clave onde o turismo rural  e de proximidade adquire unha gran forza, sobre todo despois da pandemia. Por tanto, “Espírito Ribeiro” busca promocionar o ámbito local e o valor engadido como ferramenta para a sustentabilidade no rural.

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA XII Andaina de Armariz recadará fondos para a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras
Artículo siguienteEthel Vázquez pide al Gobierno central que incluya los viajes entre Ourense y Santiago entre los tramos gratuitos
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.