Inicio Destacado O Marcos Valcárcel acolle os traballos da XIII edición da Bienal de...

O Marcos Valcárcel acolle os traballos da XIII edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

O xurado do certame, presidido polo pintor ourensán Antón Pulido, seleccionou 35 traballos de artistas de España, Portugal, Brasil ou Grecia

“Esta colaboración da Deputación de Ourense co Eixo Atlántico é unha mostra máis da ampla política de partenazgo estratéxico do goberno provincial con institución dos ámbitos económicos, sociais e culturais”, sinalou Manuel Baltar despois de visitar a exposición no centro cultural

Ourense, 2 de agosto de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolle os traballos seleccionados na XIII edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, nunha exposición que poderá visitarse ate o día 28 de agosto.

O xurado do certame, presidido nesta ocasión polo pintor ourensán Antón Pulido, seleccionou un total de 35 traballos de artistas procedentes basicamente de España e Portugal, pero tamén con presenza de Brasil, Grecia ou Suiza.

Leer más:   A Deputación colabora coa Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social na Serra do Xurés

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou a exposición no centro cultural e salientou “o excelente nivel dos participantes nesta prestixiosa certame, que enriquece a oferta expositiva do Marcos Valcárcel, un potente dinamizador da vida cultural ourensá cunha alta capacidade de atracción de visitantes, como tense demostrado con fitos como a exposición de ‘Ao redor do Universo Beatle”.

“Esta colaboración da Deputación de Ourense co Eixo Atlántico -analizou Manuel Baltar- é unha mostra máis da ampla política de partenazgo estratéxico do goberno provincial con institución de diferentes ámbitos económicos, sociais e culturais”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 2 de agosto de 2022
Artículo siguienteEl PP de Ourense propone como candidato a la Alcaldía a Manuel Cabezas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.