Inicio Destacado Manuel Baltar visita a rodaxe de “Amigos hasta la muerte”, patrocinada pola...

Manuel Baltar visita a rodaxe de “Amigos hasta la muerte”, patrocinada pola Deputación e que ten a Ourense como “cuarto protagonista da película”

O presidente da Deputación felicitou a todo o equipo técnico e artístico e ao director, Javier Veiga, polo “compromiso cun filme que construirá unha fermosa postal de Ourense”. E destacou a aposta do goberno provincial polo sector audiovisual, “nun ano no que fixemos coincidir cinco proxectos gravándose dun xeito simultáneo neste territorio”

Javier Veiga definiu o apoio da Deputación -“foi o noso primeiro apoio, dende o primeiro minuto”- como clave para elixir Ourense, xunto as propias características da cidade e o seu casco histórico: “Estamos moi cómodos rodando aquí, cun contexto ideal e con tantas facilidades para a rodaxe”

A gravación de “Amigos hasta la muerte”, protagonizada por Veiga xunto a Marta Hazas e Mauricio Ochmann, estenderase aproximadamente durante un mes por Ourense, a Vía da Plata e O Grove. E segundo confirmou esta mañá o propio director, terá unha primeira preestrea no Festival de Cine de Ourense

Ourense, 3 de agosto de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá en Ourense a rodaxe de “Amigos hasta la muerte”, película dirixida por Javier Veiga co patrocinio do goberno provincial e protagonizada polo propio Veiga xunto a Marta Hazas e Mauricio Ochmann, ademais de actores galegos como a ourensá Ledicia Sola, Xosé Antonio Touriñán ou David Amor. O filme rodarase en Ourense durante aproximadamente catro semanas, ademais de contar con localizacións en varios puntos da Vía da Plata e no Grove.

Manuel Baltar conversou esta mañá co equipo artístico -entre o que hoxe tamén estaba Xoel López- dunha película que, segundo explicou o propio Javier Veiga, pechará a súa rodaxe en dúas semanas dentro dun cronograma de traballo que incluiría unha primeira preestrea no Festival de Cine de Ourense.

Leer más:   Manuel Baltar: “Rueda coñece as nosas necesidades e proxectos estratéxicos, e desde Ourense seguiremos demostrando capacidade de cooperación co Goberno galego”

No posterior encontro cos medios de comunicación celebrado no mesmo lugar do rodaxe desta mañá -unha cafetería do casco histórico-, o presidente da Deputación agradeceu o compromiso do director, actores e todo o equipo técnico cunha película que “construirá unha fermosa postal de Ourense” e resaltou que o “cinema é eternidade, e aí estará Ourense, un protagonista máis desta película”.

Manuel Baltar destaca os froitos do traballo do goberno provincial “nun ano no que fixemos coincidir no tempo e espazo ata cinco proxectos audiovisuais rodándose dun xeito simultáneo co patrocinio da Deputación -as películas ‘O home e o can’, ’13 exorcismos’, ‘La manzana de oro’ e ‘Honeymoon’ e a serie ‘Motel Valkirias’-. Un fito completamente histórico, ampliado con “Amigos hasta la muerte” ou ‘El tirabeque’, de Darío Autrán, gravada tamén este verán en Ourense co apoio deste goberno provincial e que se estreará no OUFF”.

Manuel Baltar enmarca este patrocinio de “Amigos hasta la muerte” dentro da “contundente aposta deste goberno provincial pola produción audiovisual. Un proxecto de futuro, a corto, medio e longo prazo, e que ten apoios tan sólidos como a Alta Velocidade, que converteu a Ourense no territorio mellor conectado de Galicia”.

Javier Veiga explicou que elixiron Ourense para a rodaxe da súa primeira película como director por dous motivos: “Porque encaixa moi ben polas súas características físicas e polo apoio da Deputación dende o primeiro momento. Ter todo a favor, contar con este impulso da moitas comodidades. Non é un tema so económico, é poder contar con tantas facilidades para a rodaxe. Estamos moi cómodos aquí, e o primeiro apoio é o da Deputación”.

Leer más:   A Deputación colabora coa Arnoia Sup Challenge, que reúne este domingo a referentes mundiais do paddle surf

O actor e director de cine avanzou que Ourense é “o cuarto protagonista de ‘Amigos hasta la muerte’. Creo que estamos retratando esta cidade dun xeito moi fermoso, amosando a parte máis bonita, o casco histórico, que nos está acollendo dun xeito inmellorable”.

Pola súa banda, Marta Hazas destacou que “é un gustazo rodar aquí, descubrir lugares novos de Ourense. Estamos moi cómodos e desexando xa estrear a película” e Mauricio Ochmann felicitou a Javier Veiga polo seu traballo na direción e no guión, prognosticando o éxito da película: “Será un filme de Ourense para o mundo”.

A aposta da Deputación por transformar a Ourense nun gran plató de audiovisual

A rodaxe de “Amigos hasta la muerte” é un novo froito da Deputación dentro da súa aposta polo sector audiovisual, con fitos como o rescate do Festival de Cine Internacional de Ourense, a súa alianza coa Academia Galega do Audiovisual -que celebrará os Mestre Mateo do 2023 en Ourense- ou a recente creación da Ourense Film Commission, unha ferramenta deseñada para mellorar a viabilidade das producións rodadas na provincia mentres se afonda no retorno socioeconómico ao territorio.

Leer más:   O PSOE da Peroxa denuncia que o concello carece de brigada contra lumes por culpa do goberno local, estando en risco extremo

Este novo órgano de xestión creado pola Deputación para seguir avanzando no traballo de situar á provincia como un dos mellores destinos de rodaxes -coordinando e atraendo ao territorio todas as producións posibles- será presentado de xeito oficial ao sector audiovisual na próxima edición do OUFF, que se celebrará do 23 de setembro ao 1 de outubro.

Javier Veiga estrease na dirección con esta comedia romántica

“Amigos hasta la muerte” é a primeira película como director de Javier Veiga, un rostro ben coñecido do audiovisual en España. Veiga tamén protagoniza o filme xunto a Marta Hazas e Mauricio Ochmann. Os tres son Suso, María e Nacho, tres amigos que rozan os corenta, cunha longa amizade ás costas e con historias románticas cruzadas.

A película, producida por Medio Limón, Sygnatia, Onírica Films e Ainé e que conta con ser estreada nas salas comerciais no primeiro trimestre do 2023, está baseado na obra de teatro homónima. Escrita, dirixida e protagonizada por Veiga, foi estreada en 2009 e posteriormente en 2012, con dous repartos diferentes sumando máis de 400 representacións. En 2015 estreouse a versión en galego, “Amigos ata a morte”, protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, Ledicia Sola e David Amor -os tres presentes na adaptación ao cine- e que xirou por toda Galicia acadando máis de 30.000 espectadores. 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorUn incendio en Verín (Ourense), que se inició con tres focos, activa la alerta por proximidad a viviendas
Artículo siguienteAMP.- Alerta en Verín (Ourense) por un incendio que se inició con varios focos y pone en riesgo viviendas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.