Inicio Destacado César Fernández define a Coupe de la Jeunesse como “unha magnífica postal...

César Fernández define a Coupe de la Jeunesse como “unha magnífica postal que amosa o futuro de Ourense”

O vicepresidente segundo da Deputación resaltou na inauguración oficial desta competición “a aposta do goberno provincial por potenciar o ecosistema deportivo de Ourense”

A primeira competición internacional de remo que acolle Ourense reúne ata o domingo a 15 seleccións europeas de remo. A xornada de mañá celebrarase entre as 08,30 e as 14,30 horas

Castrelo de Miño, 5 de agosto de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, interveu esta tarde no Parque Náutico de Galicia na inauguración oficial da Coupe de la Jeunesse 2022, “unha cita coa que Castrelo de Miño entra no calendario das mellores capitais dos deportes náuticos. Este é, sen dúbida, un fito que amosa o futuro de Ourense”. Fernández estivo acompañado, entre outros, polo delegado da Xunta, Gabriel Alén, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente.

Leer más:   Cenlle pechou a segunda edición do Espírito Ribeiro

Na súa intervención, César Fernández definiu á primeira competición de remo internacional que acolle Ourense, como unha cita con “quince seleccións europeas que axudan a construír unha magnífica postal que amosa ata onde pode chegar a provincia de Ourense a través da cooperación interadministrativa, a alianza público-privada e políticas públicas ben plantexadas”.

O vicepresidente segundo da Deputación destacou a aposta do goberno provincial por “converter a Ourense nun gran ecosistema deportivo e impulsar o turismo deportivo”. Un traballo de fondo, explicou Fernández, “que xa ten transformado ao Cerlac en referencia para os adestramentos dalgunhas das mellores seleccións de remo e piraguismo”. A Coupe de la Jeunesse, explica o vicepresidente, é “agora o seguinte chanzo, respaldado cun importante investimento deste goberno provincial. E podemos concluír que o retorno xa está garantido, pola repercusión económica, turística e de imaxe para o noso territorio”.

Leer más:   O "Family Day" pechou a segunda edición da Mobile Week Ourense aproximando as novas tecnoloxías aos nenos, pais e educadores

César Fernández avanza que a Coupe de la Jeunesse “será a primeira competición de remo internacional de moitas para Ourense”  e quixo recoñecer “o esforzo colectivo de todas as persoas que traballaron neste proxecto, que dun xeito conxunto acabaron definindo esta lámina de auga como estratéxica para o norte peninsular”.

A xornada de mañá da Coupe de la Jeunesse arrancará ás 08,30 e concluíra ás 14,30 horas.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación colabora nun libro sobre os túmulos de Terra de Montes, escrito polo arqueólogo Jorge Lamas
Artículo siguienteArnoia inaugura a súa Festa do Pemento
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.