Inicio Destacado A deputada Luz Doporto asiste á XII edición da Festa Popular de...

A deputada Luz Doporto asiste á XII edición da Festa Popular de Baltar

Ourense, 6 de agosto de 2022.- A deputada Luz Doporto asistiu esta tarde á XII edición da Festa Popular de Baltar, organizada polo Concello coa colaboración da Deputación, e que abarca un programa con xogos tradicionais, música, gastronomía e actividades vencelladas coa concienciación sobre o medio ambiente e a saúde. Doporto estivo acompañada, entre outros, polo alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo, o delegado da Xunta, Gabriel Alén, e a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel. 


- Te recomendamos -