Inicio Destacado Manuel Baltar supervisa o resultado das obras no campo de fútbol de...

Manuel Baltar supervisa o resultado das obras no campo de fútbol de Vista Hermosa, en Paderne de Allariz, financiadas co apoio da Deputación

O presidente da Deputación mantivo un encontro de traballo co alcalde, José Manuel Fernández, e os concelleiros Karina Marra e Manuel Pérez

Manuel Baltar destaca os froitos da colaboración entre o goberno provincial e o Concello de Paderne de Allariz, frutificado nos últimos tempos en obras de saneamento, mellora de infraestruturas viarias, sinalización ou a mellora das instalacións deportivas municipais, co proxecto do campo de fútbol ou a reforma da pista polideportiva municipal

Ourense, 9 de agosto de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o concello de Paderne de Allariz, onde se reuniu co alcalde, José Manuel Fernández, e os concelleiros Karina Marra e Manuel Pérez, nun encontro no que se avaliaron obras de cooperación conxunta entre ambas administracións e proxectos de futuro.

Leer más:   Localizan el cuerpo sin vida del futbolista David García Mitogo

Despois da reunión na Casa do Concello, Manuel Baltar visitou acompañado do alcalde e os dous concelleiros varios puntos do municipio no que se teñen realizado obras de cooperación entre a Deputación e o Concello, antes de supervisar o resultado das obras no campo de fútbol de Vista Hermosa, en A Torre, tamén financiadas co apoio do goberno provincial e a través das que se instalou céspede artificial, pechouse o campo e melloráronse os vestiarios.

Como balance da súa visita a Paderne de Allariz, o presidente da Deputación resaltou os froitos da colaboración entre o goberno provincial e o Concello, “que ten frutificado nos últimos tempos en obras fundamentais para mellorar os servizos públicos que se ofrecen aos veciños”, en referencia a proxectos de mellora de infraestruturas viarias, a instalación de bocas de rego en varios pobos, obras de saneamento, sinalización turística ou unha axuda para adquirir maquinaria de roza.

Leer más:   Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da Feira de Artesanía e de Porco Celta

Obras e proxectos, explica Manuel Baltar, prantexados polo rexedor, José Manuel Fernández, e un equipo que “coñece á perfección o seu concello e as necesidades e demandas dos seus veciños”. Nesta liña de traballo cooperativo, a Deputación concedeu recentemente unha achega a Paderne de Allariz para a reforma da pista polideportiva municipal.

Pola súa banda, José Manuel Fernández resaltou o apoio da Deputación aos proxectos presentados, recoñecendo o “peso específico que ten esta colaboración para poder seguir avanzando na mellora da calidade de vida dos nosos veciños de Paderne de Allariz”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCortegada celebra este fin de semana a XII edición da Feira de Artesanía e de Porco Celta
Artículo siguienteActivo un incendio en Carballeda de Valdeorras (Ourense) que supera las 20 hectáreas calcinadas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.