Inicio Destacado O PSOE de Pereiro pide adaptar as piscinas para que poidan ser...

O PSOE de Pereiro pide adaptar as piscinas para que poidan ser usadas por persoas con mobilidade reducida

O PSDEG-PSOE DE PEREIRO DE AGUIAR RECLAMA ADAPTAR AS PISCINAS MUNICIPAIS PARA QUE POIDAN SER USADAS POR PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA OU DISCAPACIDADE

Gutiérrez recorda que a lei establece un tempo de actuación de ata catro anos para esta adaptación, polo que, case un lustro despois da finalización do prazo, é necesario que o concello cumpra a lexislación

“As aspiracións de ocio destas persoas non poden ser satisfeitas na situación actual”, sinalan desde o grupo municipal antes de resaltar que “a pesar dos innegables progresos, aínda ven limitados dereitos”

Pereiro/Ourense, 12 de agosto de 2022. O PSdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar reclama adaptar as piscinas municipais ubicadas na urbanización da Veiga de Abaixo, para que todas as persoas con dificultades de mobilidade ou discapacidade, poidan gozar delas durante o período estival, ao igual que fan o resto de veciños, veciñas e visitantes deste municipio localizado na área metropolitana de Ourense.

Leer más:   El alcalde de Riós dejará su cargo tras 29 años, después de aprobar un plan de ajuste que suprime el salario de regidor

O voceiro socialista, Jorge Gutiérrez, resalta que “as persoas con discapacidade ou problemas de mobilidade conforman un grupo vulnerable e numeroso”, ao que a sociedade “mantivo habitualmente en condicións de exclusión”. Isto provoca, desde hai tempo, unha “restrición dos seus dereitos básicos e liberdades”, condicionando ou obstaculizando o seu desenvolvemento persoal, así como “restrinxido considerablemente o goce dos recursos e servizos” dos que dispoñemos todos e todas as persoas.

“As súas aspiracións de ocio non poden ser satisfeitas na situación actual”, sinalan desde o grupo municipal antes de resaltar que “este é o caso no que se atopan aínda hoxe mulleres e homes con discapacidade quen, a pesar dos innegables progresos alcanzados, todavía ven limitados eses dereitos no acceso ou uso de contornas ou servizos”, como poden ser as piscinas públicas deste concello, localizadas na urbanización Veiga de Abaixo, xa que non están adaptadas de ningún modo para estas diversidades funcionais.

Leer más:   Esiximos xustiza para as familias ourensás no acceso ás axudas escolares do Concello

Gutiérrez recorda que o Real Decreto 1/2013 do Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, establece un tempo de actuación de ata catro anos, que finalizou o 4 de decembro de 2017, para adaptar estas instalacións públicas a condicións básicas de accesibilidade e non discriminación. “Case un lustro despois de que finalizase ese prazo, consideramos necesario e urxente que o concello cumpra a lexislación vixente e dea así unha solución ás persoas con mobilidade reducida ou discapacidade”.

Os e as socialistas de Pereiro resaltan “o variado e profuso conxunto de impedimentos que privan ás persoas con discapacidade do pleno exercicio dos seus dereitos”, xa que os “efectos destes obstáculos” materialízanse nunha situación de clara exclusión social, que “debe ser inescusablemente abordada polas administracións públicas competentes”.

Leer más:   Brutal detención en un control rutinario en Ourense: "Llevaba el maletero hasta arriba de droga"

Ademais, recordan que, no contexto do actual verán, coas piscinas do Complexo Deportivo Público de Monterrei pechadas pola paralización sine die das obras que están a executar a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, para a construción dun parque acuático, esta piscina é a única alternativa pública no municipio de Pereiro para  o baño da veciñanza, nuns meses nos que estamos a sufrir ondas de calor históricas.

A solicitude rexistrada polo grupo socialista de Pereiro de Aguiar reclama concretamente que “se proceda a adaptar as piscinas municipais a usuarios e usuarias con mobilidade reducida ou discapacidade, e que realicen cantas xestións sexan necesarias, no seu caso, para a súa execución”, nesta instalación da urbanización da Veiga de Abaixo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 12 de agosto de 2022
Artículo siguienteO PSOE da Peroxa denuncia que o concello carece de brigada contra lumes por culpa do goberno local, estando en risco extremo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.