Inicio Destacado Reclamamos solucións para as prazas de abastos de Ourense trala desfeita de...

Reclamamos solucións para as prazas de abastos de Ourense trala desfeita de Jácome e o PP

A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE ESIXE SOLUCIÓNS DE FUTURO PARA AS PRAZAS DE ABASTOS DE OURENSE DESPOIS DE 7 ANOS DE BOICOT E PASIVIDADE DE JÁCOME E O PP

Os socialistas consideran inaceptable sexa para os nulos gobernos da terceira cidade de Galicia un “estorbo e unha carga que non saben xestionar nin dirixir” cando o representan unha gran oportunidade de dinamización económica e turística

Os socialistas urximos unha “fronte común” da sociedade ourensana e sobre todo dos axentes máis implicados para loitar pola continuidade da rehabilitación da praza de abastos Número 1

Ourense, 14 de agosto de 2022. A executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense esixe “solucións urxentes” para as Prazas de Abastos de Ourense despois de que Jácome fracase por segunda vez na licitación da xestión para a apertura da Praza de Abastos da Ponte- un proxecto que como xa anunciaron os socialistas arroxaba sombras e intereses económicos- e iguale os dous procedementos desertos do mandato anterior do PP, aos que tachaba de “inútiles” polos mesmos feitos.

Leer más:   El debate organizado por la CRTVG en Ourense tuvo la ausencia de los candidatos del PSOE y del PP. Como resultado, el alcalde decidió retirarse del evento al enterarse de su falta de presencia

Os socialistas consideran inaceptable que o que para outras cidades son unha oportunidade de dinamización económica e turística sexa para os nulos gobernos da terceira cidade de Galicia un “estorbo e unha carga que non saben xestionar nin dirixir”.

E tamén para poñer “sentido común” ao futuro modelo de xestión e apertura da Praza de Abastos da Ponte, na que debe primar unha solución integral que redunde no beneficio de todos e así evitar que se converta nun “chiringuito de Jácome” e os seus amigos que nun tempo breve acabe de novo pechado tralo anuncio do alcalde de outorgala mediante procedemento negociado.

Os socialistas urximos unha “fronte común” da sociedade ourensana e sobre todo dos axentes máis implicados para loitar pola continuidade da rehabilitación da praza de abastos Número 1 e a súa contorna ante o grave risco de “abandono e parálise” a día de hoxe.

Leer más:   César Fernández, na presentación dos actos do Día Mundial da Poesía, defende o poder da palabra como “arma poderosa contra a sen razón e o totalitarismo”

A Praza de Abastos núm. 1 é agora mesmo o proxecto urbanístico máis importante en marcha da cidade, pero queda todo por facer, no que está chamado a ser o “mellor mercado” de Galicia pola súa relevancia.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA deputada Patricia Torres asistiu á LX Festa do Pulpo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Ourense, 15 de agosto de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.