Inicio Destacado O centro de Ourense énchese de música e baile global cos grupos...

O centro de Ourense énchese de música e baile global cos grupos participantes nas XXXVII Xornadas de Folclore

Ourense, 16 de agosto de 2022.- Unha Praza Maior de Ourense ateigada acolleu esta noite as actuacións dos grupos participantes na XXXVII edición das Xornadas de Folclore, organizada pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Xunta de Galicia.

A cita comezou cun desfile polo centro da cidade aberto pola formación de Costa de Marfil, que cos seus bailes e danzas animou ao resto de participantes. Aos africanos seguíronnos México, Colombia, Indonesia e Chile, dentro dun desfile que partiu do parque de San Lázaro ás 22,30 horas, tendo como punto e final á Praza Maior.

Cada agrupación realizou un pase para os centenares de asistentes -ocupáronse todos os asentos da Praza Maior-, nunha actuación que combinou elementos de todas as tradicións folclóricas dos seus respectivos países. En global, un evento de aproximadamente 1 hora e 45 minutos, no que os ourensáns puideron afondar na cultura dos países participantes, na liña desenrolada previamente en Bande, A Rúa, Celanova, O Carballiño, Allariz, Maceda, Castro Caldelas, Viana do Bolo, Entrimo A Pobra de Trives, Xinzo, O Barco de Valdeorras e Verín.

Leer más:   O Campionato de España de Atletismo culmina unha fin de semana “que ofreceu unha enorme visibilidade a Ourense no ámbito do deporte”

Os grupos participantes volverán a reunirse mañá, mércores 17 de agosto, en Ribadavia para poñer no auditorio do Castelo punto e final á XXXVII edición das Xornadas de Folclore.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrimal Scream, Belle & Sebastian e Metronomy encabezarán o OUR FEST Xacobeo 2022
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Ourense, 17 de agosto de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.