Ourense, 15 de agosto de 2022- Os participantes da XXXVII edición das Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo coa colaboración ca Xunta de Galicia, mostraron as súas danzas tradicionais en Verín e O Barco e Verín, onde o público encheu os espazos habilitados en ambas vilas para gozar con este evento.
O Barco de Valdeorras tivo a oportunidade de desfrutar das actuacións de Costa de Marfil, Indonesia e Chile mentres que Verín fixo o propio grazas ás actuacións de Timor Oriental, México e Colombia.
Tras estas xornadas, os participantes – 200 persoas incluíndo artistas e equipo técnico –percorreron 14 localidades da provincia ourensá, daranse cita esta noite na capital ourensá – para celebrar a partir das 22,30 horas un desfile que partirá do Parque de San Lázaro para finalizar na Praza Maior, onde terá lugar, arredor das 23,00 horas, a actuación das seis formacións participantes nestas xornadas
- Te recomendamos -