Inicio Destacado Ribadavia clausurou a XXXVII edición das Xornadas de Folclore

Ribadavia clausurou a XXXVII edición das Xornadas de Folclore

Ourense, 17 de agosto de 2022.- O auditorio do castelo de Ribadavia foi onte á noite o escenario da clausura da XXXVII edición das Xornadas de Folclore, o evento organizado pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Xunta de Galicia.

Os centos de asistentes que encheron o auditorio do castelo dende as 23,00 horas puideron gozar coas propostas dos grupos participantes nesta edición, e que acercaron ás vilas ourensás as súas culturas a través de espectáculos cheos de bailes, música e cor.

 


- Te recomendamos -