Inicio Destacado A Deputación reforza “a identidade propia que representa a gaita” co seu...

A Deputación reforza “a identidade propia que representa a gaita” co seu apoio á XXXVII Xuntanza internacional de Gaiteiros de Monterrei

O castelo reunirá os días 26 e 27 a preto dunha vintena dos máis destacados músicos e agrupacións chegadas de diversos puntos de Galicia, Bélxica, Cuba ou Francia, ademais de ofrecer ao público concertos especiais, exposicións e conferencias

Na presentación, o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, afirmou que “estamos ante unha cita senlleira dentro do calendario de actividades culturais da provincia”. Un prestixioso evento “por cuxo escenario pasaron ao logo de tanto tempo os mellores gaiteiros de calquera recuncho do mundo”

A edición deste ano está dedicada ao mestre gaiteiro coruñés Miguel Anxo López Paradela.

Ourense, 23 de agosto de 2022.- O castelo de Monterrei acollerá os días 26 e 27 de agosto a XXXVII Xuntanza internacional de Gaiteiros, que reunirá na fortaleza a preto dunha vintena dos máis destacados músicos e agrupacións chegadas de diversos puntos de Galicia, Bélxica, Cuba ou Francia, ademais de ofrecer ao público concertos especiais, exposicións e conferencias. Unha cita que conta co apoio do goberno provincial contribuíndo a reforzar a “identidade propia que representa a gaita”, dixo na presentación da xuntanza o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, acompañado no Pazo Provincial polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o director da Escola de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e a compositora e cantante de romances e cancións tradicionais, Carmen Penim.

Leer más:   César Fernández asistiu á inauguración da exposición "Compromiso na distancia"

Rosendo Fernández cualificou esta xuntanza como “unha cita senlleira dentro do calendario de actividades culturais da provincia”, ao tempo que afirmou ser unha honra presentar “un prestixioso evento por cuxo escenario pasaron ao logo de tanto tempo os mellores gaiteiros de calquera recuncho do mundo”. Unha actividade que naceu no barrio ourensán da Ponte en 1986, lembrou Fernández, e que en 2016 foi declarado como evento de interese turístico e cultural, “poñendo en valor o propio e representando o noso folclore a través do que chamamos gaitoterapia”.

A “Vila de Monterrei” -como así se coñece na comarca ao castelo- converteuse en 2007 en sede permanente da xuntanza. “Todo un acerto”, dixo José Luis Suárez, recoñecendo “estar agradecido á Escola de Gaitas por esta elección, pero tamén á Deputación que sempre está aí en calquera proxecto de recuperación da fortaleza”.

Leer más:   Isabel Pintado presenta a exposición "Un mar de libros", homenaxe ás publicacións escritas a través da pintura

Xosé Lois Foxo enmarcou a xuntanza internacional na necesidade de “homenaxear ás persoas que nos transmitiron a cultura da gaita ao longo dos séculos”, de aí que esta edición estea dedicada ao mestre gaiteiro coruñés Miguel Anxo López Paradela. Foxo detallou as actividades previstas para os próximos venres e sábado, “que tamén complementan a actividade formativa da Escola Provincial de Gaitas.

Música e actividades culturais

O programa da XXXVII Xuntanza Internacional de Gaiteiros comezará o venres, día 26, cun curso de técnica de Uileann Pipe (gaita irlandesa) a cargo de César Pastor, xornada que se completa cun concerto da cantante Carmen Penim e maila apertura dunha exposición fotográfica sobre a gaita desde o século XII ao XX. No día seguinte, sábado 27, o investigador francés Jean Luc-Matte ofrecerá unha conferencia sobre a representación dos pastores na iconografía do Nadal, estando previsto para as 19.00 horas o acto principal deste evento, coa intervención de preto de vinte músicos e agrupacións musicais.

Leer más:   Los turrones tienen competencia: el postre gallego que arrasa esta Navidad

Entre eles destacan o cubano Alejandro Suárez, a belga Marieke Van Ransbeek, o pontevedrés Óscar Ibáñez ou as cantareiras de Santa Baia dos Montes, da propia comarca de Monterrei. Pechará a xornada a Real Banda de Gaitas de Deputación desde a base do castelo, na que constitúe unha imaxe icona desta xuntanza. 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPunxín, único concello de Ourense que gasta cero euros das axudas estatais contra a violencia de xénero
Artículo siguienteA Deputación patrocina a VII edición do Festival Internacional de Curtas de Verín
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.