Inicio Destacado Aplaudimos a «aposta histórica» de Sánchez co ferrocarril de Ourense grazas á...

Aplaudimos a «aposta histórica» de Sánchez co ferrocarril de Ourense grazas á implantación de máis Avant e á gratuidade de toda a Media Distancia

O PSDEG-PSOE “APLAUDE” A “APOSTA HISTÓRICA” DE SÁNCHEZ CO FERROCARRIL DE OURENSE GRAZAS Á IMPLANTACIÓN DE NOVOS SERVIZOS AVANT E Á GRATUIDADE DE TODA A MEDIA DISTANCIA

«Ningún goberno e ningún partido fixo antes unha aposta tan sólida polo ferrocarril e tan beneficiosa para a cidadanía» destacan antes de recordar que, como xa anunciaran, os Avant tamén serán gratuítos

O PSOE ourensán celebra que, en materia ferroviaria, a nosa provincia só avanza cos socialistas, os únicos que adoptan estas medidas que, advirten, «nin PP nin BNG apoiaron con seu voto a favor no Congreso»

Ourense, 1 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense «aplaude» a decisión “histórica” do Goberno central de apostar polo ferrocarril da provincia e de Galicia, grazas a medidas «inéditas» que, desde hoxe, permiten a gratuidade da totalidade dos traxectos de media distancia (MD) que atravesan Ourense para aqueles viaxeiros e viaxeiras con abonos multiviaxe.

Leer más:   FOTO DENUNCIA | “¿Algo se cuece en las Burgas? As árbores en Ourense sobran”, el asombro vecinal sobre la actuación del Ayuntamiento

Así mesmo, tamén celebran o “importante incremento de servizos e prazas” en trens de media distancia Avant que unen Ourense co Eixo Atlántico, a través da implantación dun servizo con saída da capital ourensá ás 6:45, así como coa reserva de prazas de media distancia en trens de larga distancia nos que se poderán usar os títulos multiviaxe bonificados ao 100 %. Desde o PSdeG-PSOE aplauden a reposición do primeiro tren MD do día por orde do executivo, unha medida moi demandada por traballadores e traballadoras.

«Nunca antes ningún goberno e ningún partido fixo unha aposta tan sólida polo ferrocarril e tan beneficiosa para a cidadanía» destacan os e as socialistas ourensáns antes de recordar que, como xa anunciaran desde un primeiro momento, os servizos de media distancia de alta velocidade Avant entre Ourense, Santiago e A Coruña tamén serán gratuítos desde hoxe.

Leer más:   A Veiga convértese de novo, co apoio da Deputación, en referencia da divulgación científica coa 8ª edición das xornadas AstroTrevinca

A medida terá carácter retroactivo para aquelas persoas que compren os seus abonos multiviaxe antes de que se publique o decreto que regulará a decisión do executivo de Sánchez. “No caso concreto dos usuarios e usuarias recorrentes do Avant galega, a decisión adoptada polo Goberno central poderá supor, por exemplo, un aforro mensual de varios centos de euros”, destacan os e as socialistas.

O PSOE ourensán celebra que, en materia ferroviaria, a nosa provincia só avanza con gobernos socialistas, os únicos que adoptan estas medidas «históricas» que, advirten, «nin PP nin BNG apoiaron con seu voto a favor no Congreso», unha actitude que cualifican como unha «afronta» de nacionalistas e conservadores contra os intereses da nosa veciñanza.

Leer más:   Demetrio Carceller Coll Fallece a los 93 en Galapagar, un Legado Empresarial

Esta histórica decisión adoptada cun goberno socialista, pretende impulsar o uso deste tipo de transporte público para garantir a mobilidade cotiá, cun medio de transporte seguro, fiable, cómodo, económico e sostible como é o ferrocarril, nun contexto económico complexo provocado pola invasión rusa de Ucraína.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Irixo e San Amaro organizan a primeira edición do seu Festival Céltico, co apoio da Deputación
Artículo siguienteA Deputación colaborará coa asociación Amigos da Cociña Galega en proxectos de internacionalización da gastronomía ourensá
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.