Inicio Destacado Logramos o apoio unánime do pleno para dedicarlle unha rúa de Ourense...

Logramos o apoio unánime do pleno para dedicarlle unha rúa de Ourense ao alcalde represaliado, Manuel Suárez Castro

O PSDEG-PSOE LOGRA O APOIO UNÁNIME DO PLENO MUNICIPAL PARA QUE A RÚA SITUADA ENTRE A ALAMEDA E A PRAZA DE ABASTOS RECIBA O NOME DO ALCALDE REPUBLICANO MANUEL SUÁREZ CASTRO

Os socialistas lograron tamén o apoio do conxunto da corporación para unha iniciativa a favor de establecer medidas urxentes fronte ás picadas, a submisión química e a violencia sexual contra as mulleres

A moción para o cesamento de Ucha pola súa temeridade ao permitir a un grupo de xente subir ao teito da comisaría da Policía Local no Rally de Ourense foi aprobada cos votos en contra de DO e Bermejo

Ourense, 2 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE vén de lograr a aprobación por unanimidade dunha moción de consenso para que a rúa situada entre a Alameda e a Praza de Abastos número 1 pase a recibir o nome do alcalde último alcalde republicano de Ourense, Manuel Suárez Castro, en cumprimento dunha iniciativa aprobada hai case 19 anos. A presentación da iniciativa para honrar o legado do rexedor fusilado polos fascistas en 1937 contou co acompañamento do neto do alcalde –Pablo Suárez Vázquez–, quen interveu para amosar o seu agradecemento en nome da familia Suárez Castro e recibiu un sonoro aplauso da corporación ao finalizar.

«Presentamos unha iniciativa para dar cumprimento dun acordo plenario de xaneiro de 2004 polo cal se instaba ao goberno local a honrar a figura do rexedor fusilado, Manuel Suárez Castro, dedicándolle unha rúa céntrica da cidade», explicou o propoñente da moción, Rafa Villarino, quen cedeu a segunda quenda de intervención para que falase a familia do rexedor.

Leer más:   Os socialistas de Cenlle acusan ao PP de ter o concello sumido na escuridade por problemas no alumeado público

No texto da moción, as e os socialistas destacan e reclaman o legado do alcalde represaliado, cuxo papel na construción da praza de abastos redundou nunha obra que “contribuíu a dinamizar o comercio e xerou riqueza e prosperidade para a cidade”.

Por outra banda, o grupo socialista logrou tamén o apoio do conxunto da corporación para unha iniciativa a favor de establecer medidas urxentes fronte ás picadas, a submisión química e a violencia sexual contra as mulleres, unha iniciativa promovida polo PSdeG-PSOE a nivel galego.

A concelleira Concha García aclarou, durante a súa intervención, en que “os pinchazos son un delito, con ou sen submisión química” ao tempo que insistiu en que “non podemos chamarlle broma a unha agresión”, posto que “estamos ante unha cara máis da violencia contra as mulleres”. Por este motivo, a edil reivindicou a imperiosa necesidade de establecer “medidas urxentes e firmes encamiñadas a establecer espazos seguros e guías de actuación”.

Leer más:   Jácome, en el juicio por empujar a una sindicalista: "Me arrepiento de no haber denunciado yo, que fui el agredido"

Así mesmo, García criticou que o protocolo establecido pola Xunta en resposta ás insistentes demandas da oposición no Parlamento de Galicia, recoñeza que “o propio Goberno galego coñecía que existía un aumento do 33 % de agresións sexuais asociadas á submisión química”, un dato que tachou de “moi grave”. “Se sabían isto, tardaron demasiado en elaborar e aplicar este protocolo”, censurou García. “A realidade é que a oposición fixo o seu traballo, por iso vostedes moveron ficha, como adoita acontecer”, censurou.

Cesamento de Telmo Ucha

A moción a prol do cesamento do edil Ucha pola súa temeridade ao permitir, durante o Rally de Ourense, que un grupo de persoas “escalase” ao teito da comisaría da Policía Local, foi aprobada cos votos en contra de Democracia Ourensana e do edil tránsfuga Laureano Bermejo, que eludiron condenar a irresponsable conduta do concelleiro de Seguridade.

“Nós, nesta moción, pedimos o cesamento ou dimisión do concelleiro Ucha pola súa evidente temeridade ao permitir a un grupo de persoas escalar á azotea do edificio da Policía Local, pero tamén por tentar obstaculizar e impedir o labor fiscalizador da oposición”, especificou Xosé Rúas, quen condenou que o edil Ucha “empregue a sede da Policía Local coma se fose o seu domicilio particular”, ante a actitude constantemente agresiva e de confrontación expresada polo concelleiro de DO durante o debate da moción.

Leer más:   Iniciamos un curso político co obxectivo de propiciar o cambio en Ourense

No texto da iniciativa, as e os socialistas sinalan que, logo de acceder a un informe de avaliación realizado polo equipo de prevención de riscos do Concello de Ourense, constatan o “grave risco de caída existente na azotea do edificio policial, cuxa cualificación é deficiente ao non dispoñer de varanda nin agarradoiras dentro da denominada liña de vida nos vértices e bordes que rodean o perímetro do mesmo”.

«Se un fillo meu quixera subir á azotea da Policía Local, o seu deber como concelleiro de Seguridade sería protexer a súa integridade física, impedíndolle a ese meu fillo que subise. Vostede debe asumir a súa responsabilidade e non ser contumaz no seu erro», puxo de manifesto Rúas sobre o edil Ucha na súa intervención.

Por último, o grupo socialista tamén logrou a aprobación dunha emenda á moción do grupo municipal de Cidadáns, defendida pola edil Rosa Martínez, para emprazar ao Goberno local a convocar, de uxencia, o Consello Municipal da Cultura, cuxa última sesión tivo lugar hai máis de dous anos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorRecepción no Pazo Provincial ao C.D. Burela de fútbol sala feminino, que esta fin de semana compite en Cartelle no II Torneo Internacional Ourensanía
Artículo siguienteRosendo Fernández reivindica na inauguración de Alimagro o peso específico do sector primario na provincia de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.