Inicio Destacado A Deputación alíase coa UVigo para converter a Ourense na sede da...

A Deputación alíase coa UVigo para converter a Ourense na sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial e impulsar un Centro de Innovación Territorial

Manuel Baltar reuniuse co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, para analizar os próximos pasos de dous proxectos “con posibilidades de frutificar e que traerían importantes beneficios para todo o territorio”

O goberno provincial promoverá no pleno de setembro unha declaración institucional para demandar que Ourense lidere a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial

A Deputación e a UVigo avanzan na creación dunha cátedra para o desenvolvemento sostible do rural, un espazo de innovación transfronteirizo que supón o paso previo para solicitar o Centro de Innovación Territorial

O presidente da Deputación recalca a “completa sintonía con todo o equipo do reitor” e o peso específico desta alianza coa UVigo: “Seguiremos traballando en proxectos concretos para o beneficio da provincia”

O reitor da Universidade de Vigo destaca o “completo apoio da Deputación a todos os nosos proxectos” e afonda na importancia dunha colaboración enfocada no “rural, na demografía e a mellora dos servizos públicos”

Ourense, 3 de setembro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, para afondar na alianza entre ambas administracións con dous novos puntos clave no horizonte inmediato: o “completo respaldo” do goberno provincial á instalación na cidade de Ourense da sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) e a activación a corto prazo dunha cátedra para o desenvolvemento sostible do rural de Ourense, un paso previo para crear un Centro de Innovación Territorial. No encontro de traballo tamén estivo presente a vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo, o vicerreitor de Planificación e Sostenibilidade, José Luis Míguez, e a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio.

Leer más:   A Deputación felicita a Roberto Verino polo seu ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes

Manuel Baltar avanza que “o goberno provincial promoverá unha declaración institucional para que Ourense sexa a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial, unha cuestión que, sen ningunha dúbida, nos importa moito”. Respecto ao traballo en común na procura do Centro de Innovación Territorial, o presidente da Deputación explica que “poñeremos en marcha en 2023 esa cátedra cun obxectivo claro a medio prazo: conseguir que a provincia de Ourense acolla o Centro de Innovación Territorial, un traballo en colaboración co Campus de Ourense – Universidade de Vigo e o Instituto Politécnico de Bragança, un proxecto transfronteirizo que traerá importantes beneficios para o territorio”.

Manuel Baltar resalta a “sintonía absoluta co reitor e todo o seu equipo directivo, por suposto co Vicerreitorado do Campus de Ourense” e sinala que “seguiremos traballando pola provincia con feitos concretos, con grandes posibilidades de acadar estas dúas sedes importantes nun momento en que todo o esforzo da Deputación está centrado nesta alianza co talento representado polo Campus de Ourense e a Universidade de Vigo”.

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo agradeceu “o completo apoio e receptividade que teñen os nosos proxectos na Deputación” e valorou a AESIA e o Centro de Innovación Territorial como “dúas actividades que poden ser moi importantes para a provincia, dentro dun camiño no que penso que Ourense está moi ben situada”.

Leer más:   Fallece un joven de 20 años en las cascadas de Tourón

Sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial

O goberno provincial promoverá no vindeiro pleno de setembro unha declaración institucional para que Ourense albergue a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), dentro do proxecto artellado pola Universidade de Vigo que, dentro dun proceso aberto a nivel autonómico, prantexou a posibilidade de situar esta axencia en Ourense acadando o apoio da Deputación e o Concello de Ourense.

A concesión desta axencia estatal levaría aparellados ata un centenar de postos de traballo. A Deputación resalta a idoneidade desta candidatura, tendo en conta o tamaño de cidade buscado polo Goberno central para este tipo de descentralizacións, o nivel da Universidade de Vigo e o seu aliñamento coas administracións públicas, ademais de contar coas infraestruturas necesarias e a posibilidade de activar valiosas sinerxías cos estudos de Enxeñería Informática e Intelixencia Artificial e co Centro de Excelencia de Ciberseguridade de Galicia.

Recalcando este tipo de cuestións, con apoios coma a “magnífica Escola de Enxeñería Informática e as novas titulacións de Intelixencia Artificial”, o reitor da Universidade de Vigo conclúe que “nunca tivemos ningunha dúbida en definir a Ourense como o lugar idóneo para situar a AESIA”. Manuel Reigosa destaca o traballo realizado dende a Universidade de Vigo confeccionando esta candidatura e valora o apoio da Deputación como “un plus que nos vai permitir ser máis competitivos. Isto é unha competencia a nivel de toda España e pola nosa banda imos facer todo o posible para que veña a Ourense”.

Leer más:   Ourense transfórmase en “protagonista de película” coa rodaxe dunha nova produción audiovisual patrocinada pola Deputación: "13 exorcismos"

Cátedra para o desenvolvemento sostible do rural e Centro de Innovación Territorial

A Deputación de Ourense apoia á Universidade de Vigo na creación dunha cátedra para o desenvolvemento sostible do rural ourensán. Este centro de investigación perfilarase cun equipo multidisciplinar situando como base unha vila, avanzando nunha iniciativa modelo para o desenvolvemento do rural que converteríase no paso previo á solicitude dun Centro de Innovación Territorial.

O proxecto desenvolverá diversas parcelas de experimentación, abríndose á participación da Facultade de Ciencias e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do Campus, traballando con claves  como a dixitalización, a sostenibilidade enerxética ou fomento do emprendemento no rural.

Manuel Reigosa destaca que “estamos moi ben situados”, destacando “a calidade dos nosos investigadores, que sitúan á Universidade de Uvigo entre as 75 mellores do mundo no ámbito agroalimentario e o traballo dos nosos parceiros ao outro lado da Raia, no Instituto Politécnico de Bragança, que están nunha posición semellante e que permitirán xuntar moito talento para este centro”.

O reitor da Universidade de Vigo reivindica o “traballo realizado xunto á Deputación de Ourense no rural, no reto demográfico e na mellora da calidade dos servizos públicos para a cidadanía” como un marco de apoio para “o centro de investigación transfronteirizo e o case que probable centro de innovación territorial, que serán moi positivos para Ourense”.

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa Organización Mundial del Turismo realiza el lanzamiento oficial del Congreso Internacional de Turismo Termal que acogerá Ourense
Artículo siguienteCésar Fernández acompañou ao conselleiro de Educación na supervisión das obras do IES As Lagoas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.