Inicio Destacado Grazas ás achegas socialistas, Ourense é unha das únicas cidades de España...

Grazas ás achegas socialistas, Ourense é unha das únicas cidades de España onde as mascotas poden viaxar no bus urbano

O PSDEG-PSOE DE OURENSE CELEBRA QUE OURENSE SEXA UNHA DAS ÚNICAS 7 CIDADES DE ESPAÑA QUE PERMITEN ÁS MASCOTAS VIAXAR EN TRANSPORTE URBANO GRAZAS ÁS ACHEGAS DAS E DOS SOCIALISTAS

Destacan que só San Sebastián, Irún, Cartaxena, Fuenxirola, Palma de Mallorca, San Cugat del Vallés e Ourense autorizan ás persoas usuarias deste medio de transporte a acceder aos vehículos cos seus animais

Dende o grupo socialista botan en falta un novo regulamento de medidas a prol da sustentabilidade medioambiental e do fomento do emprego feminino entre o colectivo de condutores de autobuses

Ourense, 6 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE celebra que, grazas ás achegas do PSdeG-PSOE ao regulamento do transporte colectivo de viaxeiros, Ourense é unha das únicas 7 cidades de toda España que xa permiten ás propietarias e propietarios de mascotas viaxar en transporte urbano portando os seus animais de compañía. Así o establece un estudo recentemente publicado por Pablo Muñoz, creador da guía “Pipper on tour”, na que o autor avalía o nivel de integración da súa mascota nas máis de 100 cidades españolas que percorreu para a elaboración deste manual.

Leer más:   Baltar enfatiza su rol como líder y omite revelar su estrategia judicial, además de no tocar el tema de la procedencia de las multas filtradas

Dende o grupo socialista lembran que o regulamento que dispón os dereitos e deberes das persoas usuarias do transporte colectivo de viaxeiros é o resultado dun proceso no que as e os socialistas foron o grupo que máis emendas presentou –cun total de 18–, e tamén o que logrou unha maior porcentaxe de aceptación das mesmas, con 10 emendas incorporadas, entre as que se atopan o establecemento de paradas antiacoso, o acceso con bicicleta ou patinete sen necesidade de abonar un suplemento ou outras medidas encamiñadas a garantir a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida, ademais da autorización para as mascotas.

“A día de hoxe, só San Sebastián, Irún, Cartaxena, Fuengirola, Palma de Mallorca, San Cugat del Vallés e Ourense autorizan ás persoas usuarias deste medio de transporte a acceder aos vehículos cos seus animais”, destacan dende o grupo socialista, ao tempo que salientan estar “moi orgullosos de que Ourense apareza destacada nesta guía como cidade dog-friendly grazas ao traballo realizado polo noso grupo, que redunda nun transporte colectivo máis universal, máis inclusivo e máis asequible para todas e todos”.

Leer más:   A área de migracións prosegue coa súa labor informativa ao colectivo de retornados

Así mesmo, as e os socialistas defenden que, dende o goberno municipal, se contemplen, no futuro prego de contratación do servizo urbano de Ourense, outras propostas e iniciativas que quedaron fóra deste regulamento, como a adhesión á plataforma europea “Women in Transport”, para o fomento da empregabilidade feminina neste sector; ou o fomento do transporte verde, garantindo que o 25 % da frota de autobuses sexa híbrida ou eléctrica, para paulatinamente ir incorporando novos vehículos e acadar, nun período de 10 anos, unha frota de cero emisións na cidade.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA xunta local do PP de Ourense comeza o novo curso político
Artículo siguienteEl Plan de Sostenibilidad Turístico en “Ourense Termal” promueve la exploración de nuevos nichos de mercado relacionados con la salud y turismo deportivo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.