Inicio Destacado O Marcos Valcárcel retoma o calendario de exposicións cunha mostra de pintura...

O Marcos Valcárcel retoma o calendario de exposicións cunha mostra de pintura e escultura do ourensán Zeta

A exposición “Naufraxios da alma” poderá visitarse no centro cultural da Deputación de Ourense ata a o 1 de novembro

O vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, salientou esta tarde na inauguración o “alto nivel dunha mostra que reivindica a Zeta como un dos artistas referenciais da Galicia contemporánea”

Ourense, 6 de setembro de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación retoma o calendario de exposicións con “Naufraxios da alma”, unha mostra de pintura e escultura do artista ourensán Zeta, na que amosa o seu desacougo en obras dun alto contido matérico, moi características do seu estilo. A mostra, que pode visitarse ata o 1 de novembro, foi inaugurada esta tarde no centro cultural coa presencia do vicepresidente primeiro do goberno provincial, Rosendo Fernández; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o director do Marcos Valcárcel, Francisco González; a comisaria da exposición, Tereixa Taboada; e o propio artista, Abelardo Manuel Rodríguez López “Zeta”.

Leer más:   Recepción ao alcalde de Viana do Bolo

Rosendo Fernández salientou na inauguración o “alto nivel dunha mostra que reivindica a Zeta como un dos artistas referenciais da Galicia contemporánea” e puxo en valor a oferta expositiva do Centro Cultural Marcos Valcárcel, “o gran dinamizador da vida cultural de Ourense”.

Tareixa Taboada, artista, crítica de arte e comisaria de exposicións, destaca que “o impacto emocional que lle traslada ao espectador a obra de Zeta é sobrecolledor na deshumanización do corpo traducido a farrapos de tea. Pel baleirada de erotismo fósil, disecada. Os materiais orgánicos da cortina de eucalipto, epiderme e casca contrastan co trompe l-oeil do poliespan como simulacro. Naufraxio da alma é unha das máis interesantes e brillantes propostas expositivas que nos presenta a un creador libre que fai da arte proxecto vital sen concesión”.

Leer más:   O vicepresidente César Fernández participa na XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro

O director do centro cultural, Francisco González, salientou a proposta de Zeta como a proposta “dun ser libre, indomable, que concentra toda a súa enerxía na faceta creadora”.

Pola súa banda, a pintora Marita Carmona valora sobre a obra de Zeta que o artista “déixase levar por esa intuición silandeira para que polas súas obras escoitemos a voz experta da ruína, da melancolía que humaniza, a soidade perfecta”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl Plan de Sostenibilidad Turístico en “Ourense Termal” promueve la exploración de nuevos nichos de mercado relacionados con la salud y turismo deportivo
Artículo siguienteA estación de montaña de Manzaneda acollerá o inicio e remate da tirada raíña da Volta Ciclista a Galicia
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.