Inicio Destacado A Deputación presenta dous libros sobre historia, patrimonio e arqueoloxía editados dentro...

A Deputación presenta dous libros sobre historia, patrimonio e arqueoloxía editados dentro do plan anual de publicacións

San Miguel de Bóveda, monasterio, señoría y vasallos en la Edad Moderna, do historiador Rodrigo Pousa; e Dende Auria 2: Reflexións sobre arqueoloxía e historia, do arqueólogo José María Eguileta, ofrecen a oportunidade de achegarse a un mellor coñecemento do pasado de Ourense e a provincia

Na presentación de ambos volumes, o vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández resaltou que a Deputación “é hoxe a editorial máis activa e prolífica da provincia de Ourense, con 163 publicacións realizadas o pasado ano contando libros, revistas, folletos e carteis”. Un traballo que mantén o seu ritmo con 80 publicacións editadas no que vai de 2022

Ourense, 8 de setembro de 2022.- A sala de prensa do Pazo Provincial acolleu esta mañá a presentación de dous libros sobre historia, patrimonio e arqueoloxía incluídos no plan anual de publicacións da Deputación de Ourense, correspondente a 2021: San Miguel de Bóveda, monasterio, señoría y vasallos en la Edad Moderna, do historiador Rodrigo Pousa; e Dende Auria 2: Reflexións sobre arqueoloxía e historia, do arqueólogo José María Eguileta. Na presentación de ambos os libros participou o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, acompañado polos dous autores.

A Deputación, resaltou Rosendo Fernández, “é hoxe a editorial máis activa e prolífica da provincia de Ourense, con 163 publicacións realizadas o pasado ano contando libros, revistas, folletos e carteis”. Un traballo “moi laborioso e longo” que mantén o seu ritmo con 80 publicacións editadas no que vai de 2022 “, engadiu o vicepresidente, que cualificou esta actividade como “unha mostra inequívoca da aposta que fai o goberno provincial pola cultura”.

Leer más:   César Fernández asistiu á inauguración da exposición "Compromiso na distancia"

Na presentación do seu libro, Dende Auria 2: Reflexións sobre arqueoloxía e historia, o arqueólogo José María Eguileta explicou que se trata dunha recompilación de artigos publicados no periódico Faro de Vigo entre os anos 2016 e 2022, completando así un primeiro volume que recollía as publicacións realizadas nese xornal desde o ano 2011. Agradecido á Deputación por ter elixido este traballo para a súa publicación, Eguileta explicou que reúne “temáticas moi variadas que teñen como fío condutor o patrimonio cultural de Ourense e provincia”.

Polo que respecta á segunda das obras, San Miguel de Bóveda, monasterio, señoría y vasallos en la Edad Moderna, o historiador Rodrigo Pousa sinalou que este traballo, o terceiro dunha serie, analiza “unha realidade tan nosa como os mosteiros femininos de fundación familiar”. Agradeceu á Deputación “a oportunidade que nos dá aos autores noveis para presentar os nosos traballos con edicións mimadas ata o último detalle”, apuntando que esta obra contribuirá “a un mellor coñecemento do patrimonio de Amoeiro”.

Edición, publicación e distribución de pubicacións

A Deputación conta desde 2013 cunha ordenanza que regula a edición, publicación e distribución, en calquera formato ou soporte, de obras científicas, artísticas, literarias ou musicais de autores ourensáns e que teñan como fin principal o estudo e divulgación da realidade de Ourense, entendida no sentido máis amplo.

Leer más:   Os socialistas de Leiro critican as mentiras, manipulacións e a nefasta xestión do PP na loita contra o arsénico na auga

Ademais, todos os anos a sección de arquivo e publicacións elabora un Plan de Publicacións, informado por un consello asesor e aprobado en Xunta de Goberno, cos criterios xerais para a edición ou coedición de traballos. En base a eses criterios, a Deputación encarga obras sobre una temática concreta ou edita libros de forma directa sobre obras premiadas en certames da propia Deputación ou de entidades locais; de autores ourensáns de recoñecido prestixio, clásicos da  cultura galega; libros conmemorativos ou reedicións.

Xunto con este plan, tamén se convoca anualmente un concurso no que o Consejo Asesor de Publicacións valora a calidade das obras presentadas e o interese que ten para a provincia. En 2021 publicáronse 11 libros e no presente exercicio están en proceso de edición outros 11.

Os dous libros presentados hoxe foron elixidos no concurso de 2021 e saen agora logo dun laborioso traballo que se estende no tempo desde a aprobación da edición ata a súa impresión.

A historia de Ourense desde dúas perspectivas

José María Eguileta (Pontevedra, 1959), xefe do departamento de Arqueoloxía do Concello de Ourense, é licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, ademais de Académico Correspondente da Real Academia Galega de Bellas Artes.

Leer más:   A Deputación participou na tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro

En Dende Auria 2: Reflexións sobre arqueoloxía e historia, o autor agrupa os seus artigos en catro seccións. Unha primeira sobre a historia de Ourense e universal a través dos monumentos, xacementos e vestixios atopados no territorio. Outra sección vai dedicada a temas abordados desde a antropoloxía, como por exemplo un asunto de actualidade como é o feísmo. Tamén recolle cuestións que non abordou profesionalmente como a antropoloxía e maila etnoarqueloxía. E, por último, agrupa os artigos que explican como coñecemos a cidade e a provincia a partir das escavacións máis importantes, dedicando esta última sección a grandes nomes da etnografía e maila antropoloxía como Vicente Risco e Florentino Cuevillas.

Rodrigo Pousa (Ourense, 1990) é licenciado en Historia e doutor polo programa de excelencia internacional que imparten conxuntamente as tres universidades galegas xunto coas de Porto, Minho, Aveiro e Alto Douro en Portugal, compaxinando a docencia coa investigación e maila divulgación.

San Miguel de Bóveda, monasterio, señoría y vasallos en la Edad Moderna traza, a través do mosteiro, como era a vida dos homes e mulleres da época que se agrupaban en torno a estes cenobios, analizando neste caso un período moi amplo que alcanza o medio milenio. O libro ten dous bloques: a institución monástica e o día a día dos campesiños. 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl director argentino Pablo Trapero recibirá la Calpurnia de Honra Internacional del Festival de Ourense
Artículo siguienteIceta inaugura el Archivo Provincial de Ourense y celebra que “los grandes equipamientos” lleguen a “todo el territorio”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.