Inicio Destacado A Deputación súmase á “festa do ciclismo” co patrocinio do XXXVI Día...

A Deputación súmase á “festa do ciclismo” co patrocinio do XXXVI Día da Bici, que reunirá nas rúas de Ourense a milleiros de ciclistas

O domingo 18 de setembro celebrarase “a manifestación deportiva máis familiar e popular de cantas se celebran na provincia” afirmou o vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, durante a presentación do evento celebrada esta mañá no Pazo Provincial

Carlos Moure, presidente da Fundación ADO Moure-Pro Deporte como entidade organizadora, destacou o carácter reivindicativo da xornada, “axudándonos a poñer o foco na necesidade de respectar e garantir a seguridade dos ciclistas, que son a parte máis débil nas estradas”

Ourense, 9 de setembro de 2022.- O domingo 18 de setembro celebrarase en Ourense a XXXVI edición do Día da Bici, un evento lúdico e deportivo patrocinado pola Deputación e que encherá as rúas da capital ourensá con milleiros de ciclistas de todas as idades. A edición deste ano, que ten como lema “A bicicleta te da vida, úsala!”, foi presentada esta mañá no Pazo Provincial nun acto no que participaron o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o edil de Participación Cidadá do Concello de Ourense, Antonio Pérez; o representante do Grupo La Región, Jorge Villarino; e o presidente da Fundación ADO Moure-Pro Deporte, Carlos Moure.

Leer más:   O vicepresidente Rosendo Fernández asistiu á cerimonia de entrega das Medallas Castelao 2022

“Esta é a manifestación deportiva máis familiar e popular de cantas se celebran na provincia”, afirmou Rosendo Fernández, que cualificou o Día da Bici como “a festa do ciclismo”. Un evento, lembrou, que naceu en 1984 “para fomentar o uso da bicicleta, que se consolidou como unha cita familiar e hoxe ten un obxectivo de concienciación para promover un maior respecto aos ciclistas”. Esta xornada, destacou, coincidirá coa celebración, o sábado 17, da tirada raíña da Volta Ciclista a Galicia, con principio e final na estación de montaña de Manzaneda, “onde tamén a Deputación demostrará que o ciclismo é un dos nosos eixos estratéxicos”.

En nome da organización e como fundador do Día da Bici, Carlos Moure puxo en valor unha actividade que suporá para moitas rapazas e rapaces “coñecer por primeira vez as rúas de Ourense sen coches”, de aí que esta celebración se trasladara a setembro “para facela coincidir coa Semana Europea da Mobilidade”. Moure quixo destacar o carácter reivindicativo que ten esta xornada, “axudándonos a poñer o foco na necesidade de respectar e garantir a seguridade dos ciclistas, que son a parte máis débil nas estradas”.

Leer más:   Ourense, sede de la futura Área de Turismo Termal de Galicia

“A bicicleta está de moda e esta actividade así o demostra, co selo especial que lle debemos a Carlos Moure e ao apoio público e privado”, dixo entre tanto Manuel Pérez en nome da Xunta de Galicia, palabras ás que se uniron o edil Antonio Pérez para animar aos ourensáns “a saír ás rúas nun dos eventos deportivos máis importantes do ano”, e Jorge Villarino como representante del grupo La Región para referendar “a estreita colaboración” que manteñen do Día da Bici.

Percorrido tradicional por 15 rúas da cidade

Como xa é tradicional, a saída e a chegada serán no mesmo punto: fronte ao edificio de Correos, na Alameda. O percorrido comezará ás 12.00 horas e inclúe a rúa Marcelo Macías, avenida de Portugal, Ervedelo, Progreso, Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Eulogio Gómez Franqueira, Río Arnoia, avenida de Santiago, As Caldas, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros  Enríquez, Sáenz Díez, Don Bosco, de novo Progreso e final na Alameda.

Leer más:   O presidente da Deputación acompañou á raíña Sofía na súa visita ao Banco de Alimentos

Aínda que a participación é aberta, as persoas inscritas poderán recoller, por orde de chegada e ata o remate dos produtos, unha das 3.000 bolsas de avituallamento e camiseta que se repartirán ás portas do Pazo Provincial desde as 10.00 horas. Ademais, terán a oportunidade de gañar un dos nove premios que se sortearán ao remate do percorrido. As inscricións poderán realizarse no centro comercial Ponte Vella ou no establecemento Dacunha Moure, en Mariñamansa.

Para evitar incidencias, a organización recomenda aos participantes facer unha revisión previa da bicicleta; usar o casco, obrigatorio para os menores de 16 anos; vixiar en todo momento aos menores para evitar que se perdan ou se queden sen forzas; controlar e limitar a velocidade e os movementos bruscos, en especial nos descensos; ou parar nos laterais das rúas sinalizando correctamente a manobra.

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorUn contacontos achega a ciberseguridade aos nenos, nunha actividade enmarcada na Mobile Week Ourense
Artículo siguienteOs e as socialistas de Cartelle denuncia que a falla de previsión da Xunta deixa o centro de saúde sen médico
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.