Inicio Destacado Encontros e foros debate no inicio do curso da Executiva Municipal

Encontros e foros debate no inicio do curso da Executiva Municipal

A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE INICIA O CURSO POLÍTICO COS ENCONTROS E FOROS DEBATE “A CIDADE QUE QUEREMOS” PARA CREAR UN PROXECTO QUE MIRA AO FUTURO

O primeiro dos encontros levarase a cabo o vindeiro mércores no Centro Cívico de As Termas ás 19:00 no que se tratará “O futuro termal de Ourense”

A secretaria xeral, Natalia González,  sinala que o rural e a mellora dos servizos públicos esenciais serán a base do programa para o 2023 despois das visitas ás asociacións de veciños e os barrios da cidade

Ourense, 11 de setembro de 2022. A CEM dos socialistas de Ourense da comezo ao curso político 2022/2023 cos encontros “A CIDADE QUE QUEREMOS” así o ratificou na súa última reunión executiva celebrada o pasado martes, 6 de setembro. Estos espazos consistirán en charlas e foros debate, sobre os principais eixes vertebradores da cidade para construir un proxecto de futuro: Termalismo, Urbanismo, Servizos, Sociais, Cultura serán os primeiros temas que se tratarán en cada un dos espazos.

Leer más:   Brutal detención en un control rutinario en Ourense: "Llevaba el maletero hasta arriba de droga"

As charlas e foros de debate «A Cidade Que Queremos» terán como espazo de referencia e celebración a rede de centros cívicos municipais creada no mandato do anterior goberno socialista de Ourense. Os primeiros temas clave que abordaremos no mes de setembro serán «O futuro do Termalismo en Ourense» e «Novo planeamento urbano para as cidades do futuro»

O primeiro dos encontros levarase a cabo o vindeiro mércores, 14 de setembro co futuro termal da cidade como eixo no Centro Cívico de As Termas ás 19:00 e contará coas intervencións de Pedro Araújo, Áurea Soto e Jose Angel Vázquez Barquero.

A Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense inicia así o curso político 2022/2023.

Leer más:   Grazas ás achegas socialistas, Ourense é unha das únicas cidades de España onde as mascotas poden viaxar no bus urbano

A axenda política da CEM para os vindeiros meses

A secretaria xeral, Natalia González, avanza que no mes de agosto os membros da dirección local xa visitaron o 45% dos barrios e asociacións veciñais de Ourense e a inicios de outubro rematarase con esta primeira fase de contactos de cara á confección do programa político para o 2023, onde o rural e a mellora dos servizos públicos esenciais estarán moi presentes.

Tamén estarán moi presentes na axenda política da agrupación local para o mes de Outubro asuntos de actualidade como a nova Lei de Memoria Democrática, a Abolición da Prostitución, as posibles solucións ao fenómeno do Botellón en Ourense ou a Arte Urbana como recurso para construír as cidades do futuro.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 12 de septiembre de 2022
Artículo siguienteA Deputación concede 674.000 euros en axudas para actividades deportivas, cultura, asociacións veciñais e concellos
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.