Inicio Destacado Esiximos unha reforma integral do estadio do Couto e que se manteña...

Esiximos unha reforma integral do estadio do Couto e que se manteña a cor vermella nas bancadas

O PSDEG-PSOE DE OURENSE ESÍXELLE Á XUNTA QUE APOSTE POR UNHA REFORMA “INTEGRAL” DO ESTADIO DO COUTO CON INVESTIMENTOS “REAIS” E REMATE CON ANOS DE “DESLEIXO”

Os e as socialistas critican a “falla de previsión” do goberno galego nas obras do estadio de Couto que comezaron coa tempada a piques de comezar e tamén o “lamentable” estado do terreo de xogo

Consideran que xa basta de “parches” e que chegou a hora de darlle á cidade de Ourense un estadio “digno”, “seguro” e “acorde” e no que se manteña a cor vermella nas bancadas, símbolo do ourensanismo

Ourense, 12 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense esíxelle á Xunta de Galicia que aposte por unha reforma “integral” do estadio do Couto e por investimentos “reais” e “efectivos” nesta instalación deportiva “desleixada” e “abandonada” polo goberno galego. Os e as socialistas consideran que xa basta de gastar cartos en “parches” e que chegou a hora de darlle á cidade de Ourense un estadio “digno”, “seguro” e “acorde” á terceira cidade de Galicia, para rematar deste xeito coa “discriminación” que vive Ourense con respecto ao resto de cidades do país.

Os e as socialistas critican a “falla total de previsión” por parte da Secretaría Xeral para o Deporte con respecto as obras de reforma do estadio do Couto, xa que tal e como apuntan “en lugar de comezar nos meses de maio e xuño, as obras demoráronse e iniciáronse coa tempada a piques de comezar”. Apuntan tamén a imaxe “deplorable” e “lamentable” dun terreo de xogo cheo de calvas e que supón un “grave” risco para a integridade dos deportistas, ademais de dar unha imaxe “dantesca” tanto aos siareiros que acoden ao estadio, como aqueles que seguen os encontros a través da televisión.

Leer más:   Iniciamos un curso político co obxectivo de propiciar o cambio en Ourense

A deputada autonómica do PSdeG-PSOE de Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta, vén de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia co obxectivo de rematar coa “desidia” da Xunta e instar ao goberno galego a unha reforma “integral”. “É hora de rematar coa discriminación que sofre Ourense con respecto ao resto de cidade e tamén esixiremos que se respecte a historia de Club Deportivo Ourense, do fútbol ourensán e do ourensanismo, mantendo as cores vermellas nas bancadas, tal e como estiveron presentes ao longo de toda a historia”, explica a parlamentaria socialista.

Rodríguez Dacosta sinala que a “desidia” da Xunta de Galicia cara o estadio do Couto, da que é titular, “é palmaria” e fai fincapé en que o campo de fútbol “ten graves problemas estruturais, con gretas e cables en mal estado, ademais de ter unha grada, a de fondo, totalmente impracticable dende fai anos e pechada ao público”. Neste senso manifesta que “non queremos máis parches, senón que dunha vez por todas, Ourense conte cunhas instalacións dignas e acordes ao que merecen os cidadáns e os equipos de fútbol da terceira cidade de Galicia”.

Leer más:   O PP de Celanova apela á “responsabilidade política diante da veciñanza” para apoiar no pleno de mañá un paquete de investimentos

Pola súa banda, o concelleiro do grupo municipal socialista na cidade, Wilson Jones Romero, sinala a “fonda preocupación” do PSdeG-PSOE polo estado das obras do estadio e pola “incompetencia” da Xunta. O edil socialista subliña que “demandamos do alcalde, aínda que creemos que vai ser un rogo que quede sen resposta, que se requira da Xunta que rectifique os erros tan graves que está cometendo neste estadio e que poñen en risco non só aos afeccionados, senón tamén os xogadores, polo lamentable estado do céspede e das bancadas”.

Jones Romero tamén pon o foco no alcalde, ao que acusa de “desentenderse, como ben sendo habitual, dos temas de transcendencia para a cidade”. Neste senso destaca que “só se acordou do Couto, cando nun delirio de grandeza intentou que un equipo chamado DUX viñera para a cidade, coa promesa de que en 3 ou 4 anos estaríamos no fútbol profesional, algo que non foi máis que un bluf”. Na última reunión do Consello Municipal de Deportes, dende o PSdeG-PSOE preguntóuselle ao alcalde se ía demandarlle á Xunta unha reforma “acorde” ao estadio, pero segundo relata o concelleiro socialista “a resposta do alcalde foi desentenderse de todo”.

Leer más:   O PSOE de Pereiro solicita ao Concello a «mellora real» da estrada entre A Derrasa e Santa Marta

Por último, o secretario de deportes da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Antonio González Fiuza, destaca que “os que vivimos dende o céspede e tamén desde as bancadas as grandes tardes de fútbol e éxitos do deporte ourensán, atopámonos hoxe con que en lugar de vir ao templo do fútbol ourensán, estamos a visitar unhas ruínas”. Neste senso tamén puxo o foco en que “cando eramos nenos e mozos a noite anterior a xogar no estadio do Couto era unha gran ilusión, pero hoxe para a gran maioría é un pesadelo, polo lamentable estado no que se atopa o campo de fútbol”.

González Fiuza tamén destaca que a imaxe do estadio e da cidade “é lamentable” e lembra que no Couto “xogan os equipos máis representativos da provincia e esta non pode ser a imaxe que queremos transmitir dende Ourense, nin este é o deporte ourensán”. O representante de deportes da Executiva Provincial socialista sinala que “a realidade ten que ser outra tanto para os que desfrutan dende a grada e do céspede, como para os que seguen os partidos a través da televisión, polo que xa toca un estadio digno para a cidade de Ourense”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación concede 674.000 euros en axudas para actividades deportivas, cultura, asociacións veciñais e concellos
Artículo siguienteRegistrado un pequeño temblor en A Veiga (Ourense)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.