Inicio Destacado César Fernández acompañou á conselleira de Infraestruturas na supervisión do inicio das...

César Fernández acompañou á conselleira de Infraestruturas na supervisión do inicio das obras de mellora da OU-402, na Arnoia

Ourense, 14 de setembro de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, acompañou esta mañá na Arnoia á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na supervisión do inicio das obras na  OU-402, que será mellorada cunha inversión da Xunta de Galicia de 810.000 euros. Na visita tamén participaron, entre outros, o alcalde deste concello, Rodrigo Aparicio, e o delegado da Xunta, Gabriel Alén. 

Esta actuación do goberno autonómico ten como obxectivo renovar e mellorar un treito de 1,6 km da estrada OU-402, incrementando a súa funcionalidade e mellorando a mobilidade dos veciños. 

 

 

Leer más:   Punxín, único concello de Ourense que gasta cero euros das axudas estatais contra a violencia de xénero

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación inicia en outubro unha nova tempada das PazoEscolas, cunha programación que ofrece doce modalidades deportivas e lúdicas
Artículo siguienteQuintela de Leirado e Oímbra acolleron actividades paralelas da Mobile Week Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.