Inicio Destacado Mingos Teixeira trae a súa pintura abstracta ao Centro Cultural Marcos Valcárcel

Mingos Teixeira trae a súa pintura abstracta ao Centro Cultural Marcos Valcárcel

A exposición “Metafísica do eu” foi inaugurada esta tarde e poderá visitarse no centro cultural ata o 1 de novembro

Ourense, 14 de setembro de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle dende hoxe a exposición “Metafísica do eu”, de Mingos Teixeira, na que o artista amosa unha ampla mostra da súa pintura marcada pola abstracción e transposición ao lenzo dos seus diferentes estados de ánimo.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde na inauguración da exposición xunto ao artista; o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez; e o director do centro cultural, Francisco González.

Rosendo Fernández valorou a “altísima calidade” das obras expostas por Mingos Teixeira, que “amplían a oferta do Marcos Valcárcel, un motor cultural deste territorio e no que tamén se pode gozar estes días coa mostra do ourensán Zeta”. O vicepresidente tamén quixo reivindicar na súa intervención a “fonda aposta” da Deputación pola cultura.

Leer más:   O presidente da Deputación recolle o premio da Cultura Galega a San Pedro de Rocas: “Da man da Xunta seguiremos avanzando na súa protección e difusión”

Domingo José Teixeira “Mingos Teixeira” (Vigo, 1955) deixou recentemente a súa cidade natal para asentarse en Treboedo (Maside). O artista agradeceu á Deputación a oportunidade de poder amosar o seu traballo no centro cultural Marcos Valcárcel, ao que chega despois dunha ampla experiencia expositiva de máis de corenta anos, en plena madurez creativa e vital. Teixeira fala do seu traballo dicindo que “procuro obras que poidan ser miradas e remiradas centos de veces e que cada visión presente interrogacións que esixan interpretacións afastadas da evidencia. Cando as cousas non están moi patentes, precisamente o que se fai é interpretar; o evidente vólvese invisible”.

Sobre este aspecto incidiu o director do centro cultural, Francisco González, quen subliñou que despois de tantos anos de traballo Mingos Teixeira chega a Ourense “cun estilo propio, asentado despois de décadas creando e ensinando a outras xeracións, ate o punto de que os seus cadros son claramente recoñecibles”.

Leer más:   Castrelo de Miño acolle do 1 ao 3 de setembro a XXIV Concentración de Escolas de Vela e a regata Copa Deputación da clase Optimist

Nesta liña, cómpre recordar a análise do crítico de arte Xabier Limia, que tamén se refire a Teixeira dicindo que “o artista trata de transcender a súa propia historia e ofrecernos os seus traballos, sempre pulcros nos resultados, cadros envoltos no celofán dunhas texturas sen estridencias, doces, de maina chuvia”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorQuintela de Leirado e Oímbra acolleron actividades paralelas da Mobile Week Ourense
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Ourense, 15 de septiembre de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.