Inicio Destacado O “Family Day” pechou a segunda edición da Mobile Week Ourense aproximando...

O “Family Day” pechou a segunda edición da Mobile Week Ourense aproximando as novas tecnoloxías aos nenos, pais e educadores

A Escola Superior de Enxeñaría Informática acolleu esta mañá un variado programa de actividades. Ademais, en Celanova celebrouse unha ruta de sendeirismo utilizando a aplicación Geocaching

Ourense, 18 de setembro de 2022.- A segunda edición da Mobile Week Ourense pechouse esta mañá cunha xornada marcada polo “Family Day” celebrado na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI), ademais dunha actividade de “geocaching” en Celanova.

No Campus, o “Family Day” veu marcado polo obxectivo desta proposta: achegar as novas tecnoloxías aos nenos, ademais de implementar formación a pais e educadores. Baixo esta premisa, celebrouse unha Hora do Código -cunha programación que abrangue unha introdución ao deseño e impresión 3D, “Gamemakers: programando en Minecraft Education Edition”, e retos robóticos- ademais do Taller DigiCraft da Fundación Vodafone, un programa didáctico que ensina competencias dixitais aos nenos a través do xogo e a implementación, convidando neste caso  a construír o seu propio visor de hologramas con forma de pirámide e utilizalo para visualizar vídeos en 3D desde unha tablet ou smartphone.

Leer más:   Arnoia inaugura a súa Festa do Pemento

Ademais, a mañá na ESEI tamén contou co contacontos “Ciberseguridade con Sofía”, no que os nenos asistentes acompañaron a Sofía na resolución das súas inquietudes para gozar da informática e da rede dunha maneira segura e identificar os perigos e riscos que poden darse nesta contorna dixital.

En paralelo, o “Family Day” contou no Campus con actividades para pais e educadores: a presentación do estudo “Impacto da tecnoloxía na adolescencia” e as charlas “Uso educativo dos videoxogos”, “Adicción e videoxogos. Como evitar que o meu fillo arruíneme na tenda de videoxogos?” e “Educar a nuestr@s hij@s contra as fake news”.

Mentres, en Celanova celebrouse un roteiro de sendeirismo utilizando a app Geocaching para localizar os obxectos agochados pola zona. Durante o roteiro, guiado por un técnico deportivo, os asistentes visitaron o mosteiro de San Rosendo e o centro histórico de Celanova, a área recreativa do Cruceiro, o castro de Castromao, o centro histórico de Vilanova dos Infantes, o santuario da Virxe do Cristal e as casas de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

Leer más:   Manuel Baltar reivindica en la inauguración del Congreso Internacional de Turismo Termal el "enorme potencial de Ourense en un sector clave a nivel económico y sanitario"

A Mobile Week Ourense celebrou máis de 70 actividades

A segunda edición da Mobile Week Ourense celebrouse entre o xoves e este domingo baixo a alianza da Deputación de Ourense e Mobile World Capital. Acolleu máis de 70 actividades nun amplo programa que incluíu talleres, charlas, conferencias, demostracións e formación para achegar a tecnoloxía, dun xeito accesible e amigable, a cinco tipos de públicos: infantil, mocidade, padres e educadores, sénior e profesionais.

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 18 de septiembre de 2022
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Ourense, 19 de septiembre de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.