Inicio Destacado Historia, tradición e modernidade mestúranse, co apoio da Deputación, na volta da...

Historia, tradición e modernidade mestúranse, co apoio da Deputación, na volta da Romaría da Saínza e o combate entre mouros e cristiáns

Do 23 ao 25 de setembro, Rairiz de Veiga celebra cun amplo programa de actividades un festexo que nesta edición incorpora a I Foliada da Saínza, con obradoiros de música para os pequenos, música e baile tradicionais, alboradas e pasarrúas.

Na presentación da romaría, o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, reafirma o compromiso do goberno provincial cunha festa “declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia no ano 2000 e na que o combate entre mouros e cristiáns remóntase ata o ano 1840”

Ourense, 20 de setembro de 2022.- Rairiz de Veiga retomará do 23 ao 25 de setembro a celebración da Romaría da Saínza e o combate entre mouros e cristiáns. Un festexo que co patrocinio da Deputación de Ourense mestura historia, tradición e modernidade, incorporando nesta edición a I Foliada da Saínza. O programa de actividades da romaría foi presentado esta mañá no Pazo Provincial polo vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; a alcaldesa, Asunción Morgade; e o presidente e maila secretaria da asociación Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez e Ana Belén Míguez.

Leer más:   Kristina Dmitruk gaña a II edición do Torneo Internacional de Tenis Femenino Cidade de Ourense

Rosendo Fernández destacou a significativa participación veciñal nunha celebración “que vive como autenticamente súa, e que ademais é unha das últimas grandes festas do verán ourensán”. A Deputación, afirmou, mantén un compromiso de colaboración con esta romaría, “declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia no ano 2000 e na que o combate entre mouros e cristiáns remóntase ata o ano 1840”.

Para Asunción Morgade, que agradeceu o apoio tanto da Deputación como da Xunta, este é un momento destacado no concello de Rairiz de Veiga, “pois retomamos unha festa interrompida desde hai dous anos, ofrecendo un programa de actividades extenso e aberto a todos os públicos”. Ademais do histórico combate, onde os soldados estrean traxes este ano, a alcaldesa subliñou a celebración da I Foliada da Saínza que inclúe obradoiros de música para os pequenos, música e baile tradicionais, alboradas e pasarrúas.

Leer más:   A Deputación aposta polo apoio á creación literaria e a internacionalización da lingua galega coas bolsas para estadías no exterior de creadores ourensáns

A secretaria da asociación cultural, como entidade organizadora, explicou os momentos clave do combate entre mouros e cristiáns, que terán lugar no sábado á medianoite e o domingo a partir das 12.30 horas. Na noite do sábado os cristiáns celebran coas súas donas o regreso ao Castelo despois de longos días de batalla, momento no que chegan os mouros, conquistan a fortaleza e apresan á cativada do lugar. O domingo pola mañá, os cristiáns encoméndanse á Virxe da Merced e comeza o último combate, que rematará coa derrota dous mouros no campo do castelo.

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 20 de septiembre de 2022
Artículo siguienteManuel Baltar celebra a edición “máis ourensá” do OUFF: “Nunca Ourense acolleu tantas rodaxes en tan pouco tempo nin houbo tanto cinema da terra na programación”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.