Inicio Destacado 137 padeeiros participan este domingo en Barra de Miño na quinta regata...

137 padeeiros participan este domingo en Barra de Miño na quinta regata da Copa Deputación de Piragüismo

A proba está incluída no campionato provincial e con ela péchase a tempada 2021-2022 nas categorías prebenxamín,  benxamín, alevín, infantil e cadete

Os inscritos, un 25 % máis que no pasado ano, pertencen a cinco clubs ourensáns

Ourense, 23 de setembro de 2022.- Un total de 137 padeeiros participan este próximo  domingo, día 25, na quinta regata da Copa Deputación de Piragüismo, a celebrar en Barra de Miño (Coles). Unha proba incluída no campionato provincial desta disciplina e organizada polo Club Piragüismo Ourense e a federación galega, ademais do patrocinio da Deputación.

A regata foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do asesor de Deportes do goberno provincial, Bernardino González; a tenente alcalde de Coles, Susana Rodríguez; e os representantes do club organizador, Mercedes Sánchez e Santiago Carvajales.

Leer más:   Un hombre es parado por la Guardia Civil por su sospechosa conducción y descubren que no tiene carnet y el coche es robado

A regata pecha a tempada 2021-2022, así como tamén a liga provincial nas categorías prebenxamín,  benxamín, alevín, infantil e cadete. Os 137 inscritos, un 25 % máis con respecto á participación do pasado ano, pertencen a cinco clubs da provincia: Fontefría de Muíños; Fluvial O Barco; Fluvial Avión; Castrelo de Miño; Fluvial Allariz; e Piragüismo Ourense.

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión del tiempo para Ourense
Artículo siguienteA Deputación organiza unhas xornadas de acceso a financiamento e a mercados exteriores
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.