Inicio Destacado A executiva municipal celebra un foro debate sobre urbanismo

A executiva municipal celebra un foro debate sobre urbanismo

A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE ANALIZA OS RETOS URBANÍSTICOS DA CIDADE E OS MODELOS DE GALICIA NO FORO DEBATE “OURENSE, A CIDADE QUE QUEREMOS”

O encontro levarase a cabo mañá mércores, 27 de setembro, no Centro Cívico de A Ponte ás 20:00 horas no que se tratarán “os retos urbanísticos de Ourense”

O urbanismo en Ourense ten que ser a peza clave do futuro e pasar páxina a un escuro pasado que leva hipotecando a cidade nas últimas décadas, sen esquecer aos máximos responsables desta deriva: o Partido Popular e Jácome.

Ourense, 7 de setembro de 2022. A CEM dos socialistas de Ourense continúa o curso político cos encontros “A CIDADE QUE QUEREMOS”. Neste segundo poñerase o foco no urbanismo.

Leer más:   Detenido en Ourense un hombre que caminaba por la calle con una escopeta oculta en la pernera del pantalón

O encontro levarase a cabo o vindeiro mércores no Centro Cívico de A Ponte ás 20:00 horas e contará coas intervención das referentes en urbanismo de da segunda e cuarta cidade de Galicia: Mercedes Rosón, concelleira de urbanismo, vivienda, cidade histórica, acción cultural e igualdade do Concello de Santiago de Compostela e Francisco Díaz Gallego, concelleiro de urbanismo, vivienda, infraestruturas e mobilidade do Concello de A Coruña.

O foro estará presentado pola secretaria xeral e vicevoceira no Concello de Ourense, Natalia González, quen manifesta que os e as socialistas teñen clara a folla de ruta para “poñer fin ao vixente PXOM de 1986” e acadar por fin o “desbloqueo urbanístico da cidade”, dotándoa dunha nova normativa con seguridade xurídica que garanta un desenvolvemento urbano legal, sostible e de futuro a través do consenso e a responsabilidade.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Horror en la provincia de Ourense: trasladado al hospital en estado grave un hombre tras cortarse con una motosierra el pie

O urbanismo en Ourense ten que ser a peza clave do futuro e pasar páxina a un escuro pasado que leva hipotecando a cidade nas últimas décadas, sen esquecer aos máximos responsables desta deriva: o Partido Popular e Jácome.

Estes retos futuros pasan pola posta en marcha do PMUS, a creación dunha empresa municipal de vivienda que cambie o modelo urbano en prol da rehabilitación e o sistema de alugueiro para a xente moza, un novo PXOM que teña en conta o déficit de solo industrial e converter a Praza de Abastos núm. 1 no mercado de referencia da comunidade e a revitalización do casco histórico.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAsí será el tiempo en los próximos días en Ourense
Artículo siguienteOs socialistas de Cenlle acusan ao PP de ter o concello sumido na escuridade por problemas no alumeado público
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.