Inicio Destacado Impulsamos unha moción para que se lle conceda a Medalla de Ouro...

Impulsamos unha moción para que se lle conceda a Medalla de Ouro da provincia ao escultor ourensán Xosé Cid

O PSDEG-PSOE DE OURENSE IMPULSA QUE SE LLE CONCEDA AO ESCULTOR XOSÉ CID MENOR A MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA, EN RECOÑECEMENTO POLA SÚA TRAXECTORIA E LEGADO ARTÍSTICO

O grupo provincial socialista presentará unha moción no pleno deste venres a prol de outorgar este recoñecemento a un artista “prolífico”, cuxa obra inclúe esculturas tan senlleiras coma a Castiñeira de Ourense

O deputado Álvaro Vila destacou a significativa contribución do “artista da Rabeda” á dinamización e proxección da arte galega en xeral, e da produción ourensá en particular

Taboadela, 27 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense defenderá este venres unha moción para instar á Deputación a concederlle ao artista Xosé Cid Menor (Santa Cruz da Rabeda, 4 de agosto de 1946) a Medalla de Ouro da provincia, en recoñecemento pola súa ampla traxectoria e legado artístico. O grupo socialista avoga por outorgar este recoñecemento a un artista que cualifican de “prolífico” e cuxa obra inclúe creacións tan senlleiras como a Castiñeira e o monumento a Eduardo Blanco Amor de Ourense, o monumento a Breogán da Coruña, o Afiador en Santiago de Compostela ou os moitos San Rosendos repartidos pola provincia de Ourense.

Leer más:   Muere una mujer al caer al río en un coche en Cotobade y otra persona al caer de una bicicleta en Vadeorras
Os deputados e deputadas provinciais na casa-museo de Xosé Cid, en Pousa de Santa Leocadia (Taboadela)

As e os deputados socialistas visitaron esta mañá a casa-museo do “artista da Rabeda”, na localidade da Pousa de Santa Leocadia, pertencente ao concello de Taboadela, onde puideron contemplar máis de preto a súa extensa obra e entrar en contacto co taller no que o artista traballa o bronce, o barro, a madeira, o mármore ou o granito que dan corpo ás súas creacións, caracterizadas pola presenza da curva.

“A curva de trazado sinuoso, de formas suxestivas ou rotundas; a curva de suaves redondeces, a curva de grandes volumes ou a curva na temática da figura humana”, destacan os socialistas no texto da iniciativa, en relación á linguaxe escultórica do autor, sobre a que sinalan que foi mudando cara a unha “versatilidade plástica máis figurativa”, froito do seu empeño en “buscar a innovación” e “explorar outras posibilidades creativas” ao longo dos anos.

Leer más:   Logramos a aprobación dunha PNL para que a Xunta cumpra coas recomendacións da comisión de estudo dos incendios forestais

O deputado e alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, aproveitou a visita á casa do escultor para pór en valor a importancia da obra de Cid, un artista “autodidacta”, a quen o contacto coa obra do francés Auguste Rodin o levou a aprender o oficio de tallista con tan só 11 anos. “Nos anos 70 coñeceu ao grupo dos ‘Artistiñas’ –unha xeración de creadores a quen Vicente Risco bautizou con ese nome–, e empezou a frecuentar o ‘Volter’, momento no que a súa obra empezou a coller impulso”, abundou Vila.

“Hoxe estamos aquí para recoñecer e honrar o legado dun artista único que contribuíu poderosamente a proxectar e dinamizar a arte galega en xeral, e a produción ourensá en particular, e para pedir que se lle outorgue unha medalla máis que merecida a unha traxectoria extensa e extraordinaria” subliñou Vila, ao tempo que manifestou o seu “profundo orgullo” por contar “cun artista da altura de Xosé Cid entre os veciños desta aldea de Taboadela”. 

Leer más:   Esiximos á Xunta elixir Ourense para acoller a Axencia de IA co fin de loitar contra o brutal despoboamento

A obra de Xosé Cid

A obra artística de Xosé Cid pode contemplarse en espazos públicos coma o Parque Escultórico da Torre de Hércules (A Coruña), o Pazo de Vilar de Arin, a praza de Paz Nóvoa, a igrexa de Santa Eufemia, o colexio público de Melón ou a fachada da casa reitoral de Soutopenedo, así como no Instituto de Carboquímica do CSIC de Zaragoza.

Na cidade de Ourense, o escultor conta con numerosas obras destacadas como son o monumento á Castiñeira (2001), na rúa do Paseo, o monumento a San Rosendo (1985), na intersección entre as rúas Xoán XXIII e Progreso, ou o coñecido monumento a Eduardo Blanco Amor (2007), na praza do Bispo Cesáreo.

A carreira do escultor foi recoñecida co Primeiro Premio Mestre Mateo e coa terceira medalla da Trienal de Santiago de Compostela.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación colabora coa Facultade de Historia no coñecemento, investigación e posta en valor do patrimonio ourensán
Artículo siguienteManuel Baltar define a “rendición de contas diaria ante os veciños” coma a “gran evolución política dos últimos tempos”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.