Inicio Destacado Manuel Baltar demanda na Xunta de Goberno da FEMP ter “moi en...

Manuel Baltar demanda na Xunta de Goberno da FEMP ter “moi en conta as tensións orzamentarias derivadas da inflación e a suba de prezos da enerxía e os combustibles”

O presidente da Deputación sinala as consecuencias do actual contexto económico para a realidade das administracións locais

Ourense, 27 de setembro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta tarde por videoconferencia na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Unha reunión na que recalcou a necesidade de ter “moi en conta as consecuencias do actual contexto económico para a realidade das administracións locais”.

“A inflación e a suba de prezos da enerxía e os combustibles vai poñer contra as cordas a moitos municipios e provincias”, analizou Manuel Baltar antes de demandar ter en conta como está a afectar ás facendas locais cuestións como a sentenza da plusvalía; o déficit que acumulan os servizos de transporte público de titularidade das entidades locais afectados pola crise da Covid-19; ou a suba de prezos dos materiais de obra. “Unha cuestión que pode provocar desviacións importantes nos orzamentos anuais”, destacou o presidente do goberno provincial de Ourense.

Leer más:   Isabel Pintado presenta a exposición "Un mar de libros", homenaxe ás publicacións escritas a través da pintura

“O encarecemento dos materiais de obra está a obrigar a recalcular proxectos de obra pública para non perder fondos europeos”, asegurou Manuel Baltar xunto a outros alcaldes e presidentes provinciais, advertindo a continuación que “o atraso que leva España na execución dos fondos Next Generation vai obrigar a moitas corporacións locais a facer axustes nos seus orzamentos”.

Con este horizonte, na Xunta de Goberno solicitouse a elaboración dun informe do impacto que está a ter a inflación nas arcas municipais. Ademais, tamén abordouse a necesidade de celebrar unha nova Comisión Nacional de Administración Local (CNAL) para incluír cuestións preocupantes para as administracións locais, e coñecer os resultados do estudo sobre como está a impactar a anulación da plusvalía municipal polo Tribunal Constitucional nas contas dos gobernos municipais.

Leer más:   O presidente da Deputación participa no recoñecemento de Acauto a Gerardo Aragonés e José Manuel Alonso

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl alcalde de Ourense prevé repartir cien euros por vecino en época navideña para consumir en comercio local
Artículo siguienteManuel Baltar destaca en el Día Mundial del Turismo el “posicionamiento global” de Ourense: “Es la primera vez que estamos en el mapa de la OMT”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.