Inicio Destacado Os socialistas de Cenlle acusan ao PP de ter o concello sumido...

Os socialistas de Cenlle acusan ao PP de ter o concello sumido na escuridade por problemas no alumeado público

O PSDEG-PSOE DE CENLLE ACUSA AO GRUPO DE GOBERNO DO PP DE TER O CONCELLO ÁS “ESCURAS” POR MOR DUNHA AVARÍA NO ALUMEADO PÚBLICO QUE ACUMULA DOUS MESES SEN ARRANXARSE

Os e as socialistas critican a “inacción” e a “deixadez” dun rexedor que di non saber nada dos problemas de luz que afectan as rúas Eiró e Agro e que ten aos veciños e ás veciñas “inseguros e as escuras”

O voceiro do PSdeG-PSOE, José Rodríguez Veloso, esíxelles que “saian da casa consistorial e que percorran as rúas de Cenlle, que escoiten á veciñanza e que busquen solucións para arranxar o alumeado público”

Ourense, 26 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Cenlle acusa ao alcalde, José Manuel Rodríguez, e ao equipo de goberno do Partido Popular de ter o concello ás “escuras” por mor dunha avaría no alumeado público, que afecta a dúas das rúas principais do municipio, como son a rúa Agro e a rúa Eiró. Os e as socialistas critican a “inacción” e a “deixadez” dun rexedor que leva dous meses ignorando un problema que ten á veciñanza moi preocupada polo “perigo” e a “inseguridade” que supón camiñar por estas rúas cando marcha a luz do día.

Leer más:   Logramos que Jácome rectifique e rebaixe o prezo do transporte público

Dende o Grupo Municipal Socialista consideran que “tras dous meses totalmente ás escuras e despois de que varios veciños e veciñas lle recriminasen os problemas co alumeado público ao rexedor, este aínda non moveu un só dedo para buscar unha solución”. Os e as socialistas de Cenlle critican ademais que o alcalde, ante as preguntas de varios veciños e veciñas sobre a situación “responde que non sabe nada do asunto”. Ante esta circunstancia, dende o PSOE da localidade pregúntase se o alcalde “é realmente consciente dos problemas do municipio ou non é máis cun convidado de pedra que non é capaz de resolver unha avaría no sistema de alumeado público?”.

Leer más:   Denunciamos a «confusión, caos e descontrol» que reinan nas xuntas de área do Concello de Ourense

O voceiro do PSdeG-PSOE en Cenlle, José Rodríguez Veloso, acusa ao goberno municipal do PP de “ter á veciñanza sumida na escuridade absoluta, por mor da total desidia e o abandono co que o goberno local trata ao municipio”. Unha situación que provocou que os veciños e veciñas do municipio “estean a sufrir importantes trastornos, ante a imposibilidade de circular por estas rúas polas noites”, sinala o edil socialista, que tamén apunta que “en plena época de vendima, estas rúas están as escuras, o que supón un grave perigo para os que circulan polas mesmas e unha inseguridade para a veciñanza”.

Rodríguez Veloso esíxelle ao Partido Popular que “saian da casa consistorial e que percorran as rúas de Cenlle, que escoiten á veciñanza e que busquen solucións para arranxar o alumeado público”. Neste senso, o voceiro socialista tamén sinala que tras dirixirse ao concelleiro de obras para trasladarlle a súa preocupación polos problemas no alumeado público “só me atopei con risas e sorrisos, e nin unha soa resposta que demostre que están buscando unha solución”. Ante esta circunstancia, Veloso insta ao goberno local do PP a que “deixe de rirse da veciñanza e arranxe dunha vez por todas un problema que se arrastra dende hai dous meses”.

Leer más:   Muíños acollerá este fin de semana o Campionato de España de medio maratón de piragüismo

O PSdeG-PSOE de Cenlle considera “inadmisible” o que está acontecendo nas rúas Eiró e Agro, motivo polo que esixen “solucións inmediatas” e lle lembran ao Partido Popular que “os veciños e veciñas de Cenlle elixíronos para gobernar o Concello e solucionar os seus problemas, non para mirar para outro lado, namentres a veciñanza ten que padecer día a día a total escuridade por culpa da súa nefasta e neglixente xestión”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA executiva municipal celebra un foro debate sobre urbanismo
Artículo siguienteA Deputación colabora coa Facultade de Historia no coñecemento, investigación e posta en valor do patrimonio ourensán
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.