Inicio Destacado A Deputación patrocina a unha nova edición da andaina cultural “Camiño de...

A Deputación patrocina a unha nova edición da andaina cultural “Camiño de Nós”

Organizada pola Fundación Insua dos Poetas, este ano inclúe o descubrimento dunha placa conmemorativa no establecemento do Carballiño onde pernoitaron os cinco galeguistas de Nós

Ourense, 28 de setembro de 2022.- O próximo sábado, 1 de outubro, celébrase unha nova edición da andaina cultural “Camiño de Nós (1926-2022)”, un roteiro organizado pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinado pola Deputación de Ourense, cuxo fin é poñer en valor a cultura tradicional dos camiños.

O punto de partida escollido para este ano sitúase no Carballiño, no inmoble da rúa Tomás María Mosquera que acolleu o xa desaparecido Hotel Carlos, onde o 8 de xullo de 1926 pernoitaron os cinco persoeiros da Xeración Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo. Ás 11.00 horas, minutos antes do inicio da ruta, descubrirase neste punto unha placa conmemorativa sobre o “Camiño de Nós”.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Tragedia en Ourense: varios heridos, uno de ellos grave, en un espectacular incendio en un ático del centro

Os participantes na andaina farán un percorrido que pasará por Ponte Veiga, A Costiña, Barro, o pazo e maila igrexa de Madarnás, A Esgueva e ponte do Eixán, para rematar na Insua dos Poetas onde serán recibidos cunha degustación de produtos da terra.


- Te recomendamos -
Artículo anterior1,17 millóns estatais para impulsar o Parador de Santo Estevo
Artículo siguienteLogramos a aprobación dunha PNL para que a Xunta cumpra coas recomendacións da comisión de estudo dos incendios forestais
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.