Inicio Destacado Logramos a aprobación dunha PNL para que a Xunta cumpra coas recomendacións...

Logramos a aprobación dunha PNL para que a Xunta cumpra coas recomendacións da comisión de estudo dos incendios forestais

O PARLAMENTO APROBA UNHA PROPOSTA SOCIALISTA PARA AFEARLLE Á XUNTA O INCUMPRIMENTO DURANTE OS ÚLTIMOS CATRO ANOS DAS RECOMENDACIÓNS DA COMISIÓN DE ESTUDO DOS INCENDIOS

Carmen Rodríguez Dacosta urxe ao goberno galego a “revisar o fracaso das políticas forestais do PP”

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2022. O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que cumpra coas recomendacións da Comisión de Estudo sobre a política forestal. Carmen Rodríguez Dacosta lembrou que aquel órgano fora convocado a raíz dos incendios de 2017 e rematou o seu traballo ao ano seguinte, e dende entón a Xunta leva facendo caso omiso da maioría das súas conclusións.

Rodríguez Dacosta puntualizou que “moitas das melloras que propoñían” -en concreto 123 medidas- e que foran apoiadas polo Grupo Socialista “por responsabilidade”, a día de hoxe “non foro implementadas nin asumidas polo goberno galego. Hoxe teñen, engadiu, unha nova “oportunidade política para revisar o fracaso das políticas forestais do PP dos últimos anos”, que levaron aos incendios deste verán, que inclúen o maior lume forestal rexistrado nunca en Galicia.

Leer más:   Encontros e foros debate no inicio do curso da Executiva Municipal

A responsable socialista fixo unha escolma dos numerosos incumprimentos destes anos, que pasan por exemplo pola elaboración dos plans de ordenación de recursos forestais en cada un dos 19 distritos durante os anos 2019 – 2024, e que foron adiados ao período 2026 – 2030. O mesmo sucede coa centralización das funcións en materia de prevención e vixilancia nun ente específico dependente da Xunta, que tiñan que constituír antes de xullo de 2019 e aínda non existe.

Carmen Rodríguez Dacosta, durante a súa intervención no plenario do Parlamento de Galicia.

Tamén incumpren, engadiu, coa obrigada coordinación do plan forestal coas políticas e recursos da Consellería de Medio Ambiente, como demostraron este mesmo verán, coa conselleira “agochada” e o titular de Medio Rural negándose a comparecer no Parlamento. Lembrou que tiñan que ter aprobado antes de final de 2020 o catálogo de terreos e alta produtividade agropecuaria, ou dar conta no Parlamento cada ano do cumprimento das recomendacións.

Leer más:   La feria científica Galiciencia ha dado inicio en la ciudad de Ourense, con una proyección de acoger a más de 4.800 asistentes hasta su finalización el próximo viernes

A parlamentaria socialista advertiu na súa intervención das graves consecuencias das dificultades impostas polo goberno aos concellos para a contratación das brigadas de prevención e extinción, ata o punto de que os lumes deste verán atoparon a moitas delas sen constituír ou mesmo sen persoal nin recursos dispoñibles.

Reclamoulle á Xunta que “aumenten os meses de traballo e os orzamentos transferidos aos concellos” e mesmo que os integren nun “servizo único e profesionalizado dependente da Xunta de Galicia.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia ao cumprimento das recomendacións aprobadas no Parlamento de Galicia do Ditame da Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación patrocina a unha nova edición da andaina cultural “Camiño de Nós”
Artículo siguienteManuel Baltar ofrece o apoio da Deputación ao sector da construción para desenvolver proxectos innovadores a través do novo Centro da FP
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.