Inicio Destacado Reclamamos unha mesa de traballo para coñecer os pregos do mapa de...

Reclamamos unha mesa de traballo para coñecer os pregos do mapa de bus urbano

O PSDEG-PSOE RECLAMA UNHA MESA DE TRABALLO PARA COÑECER OS PREGOS DO MAPA DE TRANSPORTE URBANO “DEBUXADO CON ROTULADOR E DIFUNDIDO A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS DE JÁCOME”

Dende o grupo socialista afirman que a remodelación das liñas para adaptalas á nova mobilidade da cidade é crucial pero esixen ao Goberno local facelo con “rigor” e non a base de “ideas eureka”

Lembran que a cidade leva sete anos co servizo de transporte urbano en precario grazas ao PP e a DO, e subliñan que esta concesión estivo ateigada de “escurantismo” dende o inicio do  mandato de Jácome

Ourense, 28 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense reclama a convocatoria urxente dunha mesa de traballo por parte do Goberno local para coñecer os pregos do novo mapa de transporte urbano “debuxado con rotulador sobre un plano turístico e difundido a través das redes sociais persoais de Gonzalo Jácome”. 

Leer más:   Reclamamos solucións para as prazas de abastos de Ourense trala desfeita de Jácome e o PP

“Non podemos concederlle ningún tipo de credibilidade a esta nova ocorrencia dun alcalde cuxo modus operandi se fundamenta na improvisación constante e que, ademais, tira de redes sociais para lanzar globos sonda sobre asuntos de tanta relevancia e centralidade como é neste caso a mobilidade urbana na nosa cidade”, lamentan dende o grupo socialista.

Neste sentido, as e os socialistas inciden en que a remodelación das liñas de transporte urbano para a súa adaptación á nova realidade da cidade é “crucial”, pero esixen que o Goberno local acometa este labor con “rigor e seriedade” e non a base de “ideas eureka a golpe de redes sociais”.

“Carecemos da información necesaria para facer unha valoración desta proposta de redeseño do mapa de liñas de autobús urbano, e non podemos pronunciarnos sen ter detalles sobre os custes que conleva, as frecuencias das liñas e todos os informes técnicos necesarios para xustificar os cambios que se expresan nese bosquexo ou na escasísima información dispoñible na páxina web do Concello”.

Leer más:   "Besteiro afirma que no habrá niños sin atención pediátrica y responde a Rajoy diciendo que el Partido Popular no merece estar en el gobierno"

Dende o grupo socialista lembran que a cidade leva sete anos co servizo de transporte urbano operando en precario, “grazas ao PP e a DO” e subliñan que, dende o inicio do mandato de Jácome, esta concesión estivo “ateigada de falsas promesas de licitación, escurantismo, falta de criterio e ausencia total de rigor técnico na planificación das futuras liñas e pregos”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar reúnese co xurado da XXVII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense
Artículo siguienteBaltasar Garzón pide “un cordón sanitario” a la extrema derecha: “Habría que preguntar a Feijóo qué va a hacer”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.