Inicio Destacado Os socialistas de Viana denuncian que o alcalde incumpre co acordado para...

Os socialistas de Viana denuncian que o alcalde incumpre co acordado para a celebración dos plenos ordinarios

O PSDEG-PSOE DE VIANA DO BOLO DENUNCIA QUE O GOBERNO MUNICIPAL INCUMPRE DE FORMA “FLAGRANTE” OS ACORDOS PARA A CELEBRACIÓN DOS PLENOS ORDINARIOS CADA DOUS MESES

Os e as socialistas critican que dende marzo ata hoxe, “non se celebrou nin un só pleno ordinario”, impedindo o correcto funcionamento do concello e “furtándolle” á veciñanza o seu dereito a coñecer as propostas, as iniciativas e as actuacións levadas a cabo

Celebran que por fin se convoque un pleno ordinario, tal e como levan reclamando dende o PSOE vianés dende fai meses, no que se debatan as mocións presentadas polos socialistas

Viana do Bolo, 29 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo denuncia que o goberno municipal incumpre de maneira “flagrante” o acordo aprobado no pleno de constitución da corporación municipal e no cal se contemplaba a celebración dos plenos ordinarios cada dous meses. Os e as socialistas critican que dende marzo ata hoxe, non se celebrou nin un só pleno ordinario, impedindo deste xeito o correcto funcionamento do concello e que se debatesen mocións e iniciativas de “vital” importancia para o municipio.

Leer más:   Os e as socialistas de Cartelle denuncia que a falla de previsión da Xunta deixa o centro de saúde sen médico

o PSOE de Viana esta forma de actuar “furta” á veciñanza o seu dereito a coñecer as propostas e iniciativas dos grupos políticos da corporación municipal e “impídelles” coñecer que actuacións se están a levar a cabo por parte do concello e onde se destinan os cartos das arcas municipais. Celebran, iso si, que o goberno municipal por fin decidise convocar un pleno ordinario para poder debater sobre as mocións socialistas e tamén someterse as preguntas dos grupos da oposición.

Mocións gardadas nun caixón durante meses, serán debatidas no pleno de hoxe

Dende o PSdeG-PSOE vianés tamén poñen o foco en que o goberno municipal “negouse por activa e por pasiva a debater as diferentes mocións presentadas polos socialistas, impedindo o correcto desenvolvemento do municipio”. Mocións como a creación dun aparcadoiro a carón da Praza Maior de “vital importancia” para o municipio e no que lembran que dende o PSdeG-PSOE “xa se fixeran as xestións pertinentes cos propietarios da finca do Jesusín, que amosaron a súa dispoñibilidade para chegar a un acordo de cesión, pero ata o momento non soubemos nada ao respecto”. Dende a Agrupación Socialista de Viana tamén lembran que se presentou unha moción para o arranxo da estrada de Edroso, pero segundo apuntan “non temos constancia de que se levara a cabo ningunha actuación ata o momento”.

Leer más:   A executiva municipal celebra un foro debate sobre urbanismo

Os e as socialistas aproveitarán o pleno de hoxe, “convocado as presas e sen marxe de reacción” para preguntarlle ao goberno municipal por diferentes temas polos que “levamos meses agardando respostas”. Piden coñecer en que situación se atopa a construción do centro de día, tras aprobarse a moción socialista e ceder o bispado os terreos para a súa construción. Tamén solicitarán información sobre que pasos se deron para loitar contra a proliferación de gas radón, xa que segundo apunta “é un tema de saúde pública e seguen sen darnos respostas”.

Os e as socialistas tamén esixen coñecer o estado da moción na que pedían arranxar as casas esborralladas na rúa San Roque e que tamén foi aprobada en sesión plenaria, así como a situación na que se atopa o cumprimento da ordenanza para a prohibición de aparcar na Praza Maior e nas rúas adxacentes, xa que tal e como afirman “non se está respectando esta ordenanza”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA executiva municipal fai un chamamento a pór fin ao PXOM de 1986
Artículo siguienteOs socialistas de Leiro esíxenlle ó alcalde que deixe de vulnerar os principios da transparencia no consistorio
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.