Inicio Destacado A Deputación avanza na colaboración co Concello de San Amaro no reforzo...

A Deputación avanza na colaboración co Concello de San Amaro no reforzo dos servizos e infraestruturas públicas

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de San Amaro, Fernando Redondo

Manuel Baltar comprometeu o apoio a dúas propostas de cooperación propostas polo rexedor: a reforma do centro de saúde e a axilización da reforma integral da OU-0303 ao seu paso por San Amaro

Ourense, 5 de outubro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, no que se analizaron as novas propostas de cooperación formuladas polo rexedor arredor do reforzo dos servizos públicos e a mellora das infraestruturas para os veciños,

Leer más:   A Veiga convértese de novo, co apoio da Deputación, en referencia da divulgación científica coa 8ª edición das xornadas AstroTrevinca

A xuntanza foi definida como “moi satisfactoria” polo presidente do goberno provincial xa que, como resalta Manuel Baltar, os acordos acadados permitirán fortalecer a cooperación con San Amaro, e seguir avanzando “en cuestións absolutamente centrais na folla de ruta deste goberno provincial”.

Manuel Baltar avanzou o apoio da Deputación a dous novos proxectos presentados polo alcalde: a implicación do goberno provincial na reforma do centro de saúde de San Amaro, asumindo a parte que lle corresponde ao Concello no convenio coa Xunta de Galicia e, por outra banda, a axilización da reforma integral da estrada OU-0303 ao seu paso por San Amaro.

“Proxectos importantes, básicos para os veciños de San Amaro e cos que a Deputación está implicada ao 100%”, resaltou Manuel Baltar, que destaca a “capacidade propositiva e o liderado de Fernando Redondo en San Amaro”.

Leer más:   A Deputación participa na xunta de traballo do Grupo de Datos Abiertos da FEMP

- Te recomendamos -
Artículo anteriorPresentamos unha moción para desbloquear o PXOM e garantir o desenvolvemento urbano sostible e de futuro en Ourense
Artículo siguienteO PP de Ourense, primeira formación política en España que pon en marcha o Comité de Campaña para as eleccións locais de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.