Inicio Destacado Presentamos unha moción para desbloquear o PXOM e garantir o desenvolvemento urbano...

Presentamos unha moción para desbloquear o PXOM e garantir o desenvolvemento urbano sostible e de futuro en Ourense

O PSDEG-PSOE RECLAMA UNHA NOVA FOLLA DE RUTA QUE PERMITA DESBLOQUEAR O PXOM E GARANTIR UN DESENVOLVEMENTO URBANO “LEGAL, SOSTIBLE E DE FUTURO” PARA OURENSE

O grupo socialista defenderá unha moción no pleno do venres para esixir que o Goberno municipal convoque a comisión de seguimento do PXOM e actualice o documento inicialmente aprobado en 2013

“Ourense non pode permitirse outra caída dun plan xeral, temos que facer un documento no que o consenso a seguridade e a responsabilidade sexan as claves”, insistiu a edil González

Ourense, 5 de outubro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense levará unha moción ao pleno do venres para reclamar unha nova folla de ruta que permita desbloquear, canto antes, o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), e que garanta un desenvolvemento urbano “legal, sostible e de futuro” para Ourense. Para isto, o grupo socialista esixirá que o Goberno local proceda á convocatoria da comisión de seguimento do PXOM e que se actualice o documento inicialmente aprobado en 2013, coa finalidade de asegurar a súa garantía xurídica e evitar unha nova caída do plan coma a acontecida en 2011.

Leer más:   Reclamamos unha mesa de traballo para coñecer os pregos do mapa de bus urbano

“A historia do urbanismo nas últimas décadas ten sido definida pola mala xestión do Partido Popular” denunciou Natalia González, quen condenou que a tónica habitual na xestión dos populares foron “os pelotazos urbanísticos, a especulación, o cambiazo de planos ou a condonación do 10 % dos aproveitamentos urbanísticos aos promotores da cidade”.

Borja López, Natalia González e Rafa Villarino, coa cidade de Ourense ao fondo.

“Por mor desta nefasta xestión do Partido Popular, en 2022 estamos cun plan xeral de hai 36 anos” lamentou, ao tempo que lembrou que o goberno do PSdeG-PSOE de Ourense entre 2007 e 2015 conseguiu sacar adiante un plan ao que máis tarde se incorporaron as modificacións do Partido Popular e Jácome, cambiando por completo o sentido e “esencia” do documento inicial.

Leer más:   Luis Menor valora la "generosidad" de Baltar al renunciar a la Presidencia del PP: "Las bicefalias no son beneficiosas"

No texto da iniciativa, as e os socialistas lembran que en xuño de 2021 reclamaron a convocatoria urxente da comisión de seguimento do PXOM, logo de que o actual alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, anunciara a súa intención de completar o expediente do novo plan e proceder á súa aprobación cun total de sete modificacións que el mesmo encargou introducir ao equipo redactor.

“Hoxe o que hai é un documento ‘Frankenstein’ cheo de providencias de Cudeiro e de ocorrencias de Jácome, inviable e con visos de ilegalidade”, advertiu a socialista, quen insistiu na necesidade de retomar o plan aprobado en 2013, algo sobre o que o propio Manuel Cabezas, actual presidente do Partido Popular na cidade, manifestou publicamente estar de acordo, confirmando así un cambio de postura en canto aos pasos a seguir para a aprobación definitiva da nova normativa urbanística.

Leer más:   Impulsamos unha moción para que se lle conceda a Medalla de Ouro da provincia ao escultor ourensán Xosé Cid

Así mesmo, as e os socialistas demandan que, unha vez revisado e actualizado, se realice unha segunda exposición ao público do plan, co fin de garantir a súa legalidade e seguridade, e sobre todo, para apuntalar a legalidade e seguridade do futuro urbanístico de Ourense.

“Ourense non pode permitirse outra caída dun plan xeral, temos que facer un documento no que o consenso, a seguridade e a responsabilidade sexan as claves”, insisten dende o grupo socialista. 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación reforza o ecosistema provincial de turismo e deporte co apoio á VI edición do Trail Ribeira Sacra
Artículo siguienteA Deputación avanza na colaboración co Concello de San Amaro no reforzo dos servizos e infraestruturas públicas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.