Inicio Destacado Manuel Baltar: “Os orzamentos xerais de 2023 son electoralistas, discriminatorios, outra oportunidade...

Manuel Baltar: “Os orzamentos xerais de 2023 son electoralistas, discriminatorios, outra oportunidade perdida para Ourense e defraudan aos ourensáns”

• Na valoración do PPdeOU dos investimentos previstos na provincia polo Goberno, o líder dos populares advirte que “o PSOE só se esforza en manter ese complicado equilibrio con formacións de todas as pelaxes e chantaxes polo medio para manter unha maioría que non lle deu o pobo”

• Baltar estende este xeito de actuar aos socialistas de Ourense. Hai unha semana a Deputación aprobou os orzamentos de 2023 e agora “por primeira vez anuncian que van alegar, o que significa retrasar todas as axudas previstas para concellos e asociacións da provincia”

• A deputada Ana Vázquez asegurou que non deixarán “que nos traten aos ourensáns como tontos”. Esixe ao PSOE de Ourense “menos propaganda e publicidade e máis execución”

• Celso Delgado critica a insuficiencia das partidas para 2023 e afirma que se incorporan 73 millóns de euros non executados nos orzamentos de 2022

7, outubro, 2022.

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, cualificou hoxe o proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2023 como “electoralista e discriminatorio”, lamentando que esta sexa “outra oportunidade perdida para Ourense”. Manuel Baltar fixo esta valoración na sede do PP, onde estivo acompañado polos representantes populares da provincia nas Cortes Xerais, Ana Vázquez e Celso Delgado polo Congreso, e Carmen Leyte e Miguel Ángel Viso polo Senado.

  
  
  
  

Os orzamentos de 2023 consignan para a provincia de Ourense 194,46 millóns de euros, dos que 64,1 millóns corresponden aos investimentos previstos polos distintos ministerios e 129,6 ás previsións das diferentes sociedades estatais, con maior peso para o ADIF que se leva 107 millóns.

A 234 días das eleccións locais de maio do próximo ano, sinalou Manuel Baltar, “Sánchez presenta un proxecto de orzamentos absolutamente electoralista, onde prima ás comunidades gobernadas polo PSOE e discrimina ás dirixidas polo PP co aval das maiorías absolutas”. Para o líder dos populares ourensáns “todo son titulares e palabras que trala análise dos datos se quedan en nada e defraudan a todos os ourensáns”.

Manuel Baltar advierte que era previsible este modo de actuar, xa que “o PSOE só se esforza en manter ese complicado equilibrio con formacións de todas as pelaxes, con tantas chantaxes polo medio para manter unha maioría que non lle deu o pobo”.

O presidente do PP provincial estendeu este xeito de actuar aos socialistas de Ourense, lembrando que hai unha semana a Deputación aprobou os orzamentos de 2023. Onte, destacou, “atopámonos con que por primeira vez anuncian que van alegar, o que significa retrasar todas as axudas previstas para concellos e asociacións da provincia”. Unha “manobra obstruccionista dese partido que lidera un tal Villarino, o mesmo que xudicializou as axudas aos autónomos concedidas pola Deputación durante a pandemia”, criticou Manuel Baltar.

ORZAMENTOS DOS CONTOS E NON DAS CONTAS.

A deputada Ana Vázquez anunciou pola súa banda a presentación de emendas aos orzamentos tanto no Congreso como no Senado, “porque non queremos que nos traten aos ourensáns como tontos, consignando cantidades que despois non executan”. Así, definiu o proxecto económico de 2023 como “os orzamentos dos contos e non das contas”, poñendo énfase no irreal das cifras pois, por exemplo, “dos 55,4 millóns de euros de investimentos previstos polos ministerios en 2021 só se executou o 50 %; o resto foi para as arcas de Sánchez”.

Nesta liña citou os 342.000 euros consignados para o mosteiro de Melón “dos que se realizaron cero malia que goberna o PSOE neste concello, e para o próximo ano non aparece partida algunha”. Vázquez esixiu ao PSOE de Ourense “menos propaganda e publicidade e máis execución, porque agora volven inflar uns orzamentos que non se van realizar”.

“Estes orzamentos non arranxan os problemas dos ourensáns, senón os de Sánchez”, engadiu a deputada, que denunciou a falta de protección ás clases traballadoras no momento que máis o necesitan, “ao non baixar o IRPF a ese 20 % de españoles que non superan os 22.000 euros anuais e que seguirán pagando como ricos”. O PP, apuntou, “pedía que os 27.000 millóns recadados a maiores pola inflación foran para os contribuíntes e non aos petos do extenso goberno de Sánchez, que nin prorroga as medidas enerxéticas ou a bonificación do gas e da electricidade”.

ABANDONO DAS AUTOVÍAS E SEN EXECUCIÓN NO FERROCARRIL.

En tanto, Celso Delgado deu conta en detalle das partidas máis importantes que recollen os orzamentos de 2023 en materia de investimentos e por capítulos. En liñas xerais, dixo, os 194,46 millóns de euros consignados para Ourense supoñen unha suba con respecto a 2022 (157,5), “pero insuficientes para abordar as necesidades da provincia”. Resaltou que este aumento “é consecuencia de arrastrar partidas non executadas dos orzamentos vixentes”, afirmando que o propio Goberno ten recoñecido que non executará no actual exercicio 53 millóns de euros no caso do ferrocarril e máis de 20 millóns en estradas”.

ESTRADAS

Destaca o agravio que supón o permanente abandono das autovías A-56 (Ourense-Lugo) e A-76 (Ourense-Ponferrada):

A-56: Consígnase para o primeiro tramo da variante norte entre Eirasvedras e Quintela, que xa está en obras, 8,90 millóns de euros. Pero para o seguinte tramo da variante de Ourense, Quintela-A Casilla, só se prevé 1 millóns de euros, que impedirá sacar a licitación esta obra.

Para os restantes tramos ourensáns (A Casilla-Cambeo-Sanmartiño), a consignación é de tan só 500.000 euros, co que se impide atender as demandas da plataforma pola A-56 que reclama a urxente licitación da conexión entre o tramo A Barrela-Sanmartiño con Cambeo.

A-76: Un ano máis os socialistas acreditan o nulo interese por esta autovía entre Ourense e Ponferrada. Así para o tramo entre A Veiga de Cascallá e O Barco de Valdeorras, que se existira vontade política podería estar licitado desde 2019, tan so hai a pírrica suma de 500.000 euros, igual que para o treito A Veiga de Cascallá-Requejo. 

• Conexión entre a N-120 e N-536: O tramo Sobradelo-O Barco de Valdeorras conta con 20,65 millóns de euros, case o mesmo que no ano 2021 (22,8 millóns) e no actual (22,9 millóns), que quedaron na súa inmensa maioría sen gastar e coas obras paradas desde hai máis dun ano. Hai como mínimo 20 millóns de euros dos orzamentos de 2022 sen executar, “un insulto aos valdeorreses polas deficiencias en comunicacións”.

Non hai partidas específicas para os carrís de adiantamento desde o alto da Guítara ata Ourense; para o enlace de acceso na Rúa e a remodelación de accesos en Vilamartín de Valdeorras. Tampouco para a mellora da seguridade vial na intersección de Ribela, na N-525, nin para bonificacións na AP-53 que conecta Ourense con Santiago.

FERROCARRIL

• Estación intermodal: Ausencia de consignacións expresas para as obras pendentes de executar polo ADIF-AV: o crecemento do edificio de viaxeiros, as escaleiras mecánicas, as pasarelas previstas sobre as vías, a praza exterior, as actuacións de permeabilidade entre os dous barrios, etc. Seguen sen licitarse estas obras despois de incumprir tres prazos: xullo de 2019, decembro de 2021 e primeiro semestre de 2022.

• Estación de mercadorías: Sen consignación para o estudo da construción dunha terminal no polígono de San Cibrao das Viñas.

• Variante exterior de Ourense: Para os tramos en obras entre Taboadela-Túnel de Rante-Seixalbo figuran 25,5  millóns de euros. Pero compre lembrar que dos 22,71 millóns orzamentados para 2022 ADIF-AV, so prevé executar 9,5. 

Non aparece partida algunha que posibilite a licitación en 2023 das obras dos tramos pendentes da variante exterior: Seixalbo-Túnel de Montealegre e Túnel de Montealegre-Estación de Ourense.

• Liña Ourense-Lugo: 11,6 millóns para mellorar as vías entre Ourense, Monforte de Lemos e Covas, pero mantense como imprescindible recuperar o proxecto da variante de 12 quilómetros entre Os Peares e Canabal para acurtar a viaxe entre Lugo e Ourense en 11 minutos.

• Red TEN-T: Agárdase coñecer durante a tramitación no Congreso cal é o detalle das actuacións que aparecen neste epígrafe chamado “Red TEN-T” de 61 millóns de euros. Pero compre lembrar que dos 50,85 millóns presupostados para 2022, ADIF-AV so prevé executar 13,4. Significa iso que quedarán sen gastar 37,3 millóns. 

MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA

• EDAR de San Cibrao das Viñas: Non aparece consignación para o proxecto máis importante que debe acometer a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense que é a finalización do saneamento do río Barbaña e mellora da EDAR de San Cibrao das Viñas, na fase II. Un proxecto de máis de 29,7 millóns de euros, dos que 14.8 son fondos da Unión Europea.

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO SIL

• Sede central: Un ano máis se consigna unha partida para a nova sede central da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que segue sen materializarse desde hai máis de catro anos. Se no 2021 había 2 millóns de euros, agora redúcese a partida á metade: 1 millón.

CULTURA

• Museo Arqueolóxico: Razoables os 3 millóns para a rehabilitación arquitectónica do antigo Pazo Episcopal.

INTERIOR

• Casas cuartel e centro penitenciario: 254.000 euros para obras nas casas cuartel d garda Civil e 462.000 para reformas na prisión de Pereiro de Aguiar. Sen recursos para investimentos en dependencias da Policía Nacional

 


- Te recomendamos -