Inicio Destacado Celebramos os pasos dados polo Goberno central para devolver a salubridade ao...

Celebramos os pasos dados polo Goberno central para devolver a salubridade ao encoro das Conchas

O PSDEG-PSOE DENUNCIA OS “REMENDOS” APLICADOS ATA O DE AGORA NAS CONCHAS E CELEBRA O PASO DADO POLO ACTUAL GOBERNO CENTRAL PARA DEVOLVER A SALUBRIDADE AO ENCORO

Durante unha visita a Muíños e Bande, deputados e deputadas acompañados de concelleiros, concelleiras e militantes da contorna, comprobaron o “preocupante estado” deste espazo natural

“Nós apostamos por unha solución sostible e compatible coa actividade agraria”, incidiron antes de recordar que “a Xunta só pon paus nas rodas” fronte ao “gran traballo” do actual Goberno central

Muíños/Ourense, 13 de outubro de 2021. O PSdeG-PSOE denuncia os “remendos” aplicados ata o de agora nas Conchas e na contorna deste encoro e celebra o paso dado polo actual Goberno central, ao incluír esta zona nos últimos análises e mapas sobre augas afectadas por contaminación por nitratos, paso previo e necesario para a súa declaración como zona vulnerable, o que permitirá adoptar medidas por parte da Xunta de Galicia e da Administración Xeral do Estado, co fin de solucionar a toxicidade.

Leer más:   Impulsamos unha moción para que se lle conceda a Medalla de Ouro da provincia ao escultor ourensán Xosé Cid

Durante unha visita ao municipios de Muíños e Bande, deputados e deputadas acompañados de concelleiros, concelleiras e militantes do PSdeG-PSOE destes concellos, comprobaron o “preocupante estado” deste importante espazo natural galego, que “pasou de ser unha preciosa zona de esparexemento e baño, a unha gran balsa de auga tóxica”. Ao percorrido asistiron o portavoz na Deputación de Ourense e secretario provincial, Rafa Villarino; as deputadas provinciais Marga Pérez, Susana Rodríguez e Elvira Lama, e os deputados, Nacho Gómez e Diego Fernández.

“A pesar do importante valor paisaxístico e natural, a ocultación deliberada por parte dos responsables autonómicos e a deixadez institucional global, provocaron unha desfeita medioambiental en poucas décadas”, sinalaron os deputados e deputadas logo de comprobar “in situ” unha contaminación que aflora “descontrolada” na auga. “Nós apostamos por unha solución sostible e compatible coa actividade agraria”, incidiron antes de recordar que “fronte a unha Xunta que só pon paus nas rodas, o actual Goberno central buscou solucións amplas, adecuadas e compatibles coa recuperación do medio natural e coa economía da comarca”.

Leer más:   Una persona ha sido arrestada por estafar 18.000 euros a una persona mayor al hacerse pasar por una antigua estudiante

Os e as socialistas recordan o papel que tamén ten administración autonómica ante este grave problema. “Cataluña e Galicia eran dúas das zonas con maiores problemas de contaminación de masas de auga entre 2016 a 2019, mais a Xunta aínda non fixo nada para comezar a solucionalo”, denunciaron tras recordar que, logo dos pasos normativos e orzamentarios dados polo Goberno central nos últimos anos, agora tamén debe actuar o executivo galego.

O Consello de Ministros aprobou neste 2022 o real decreto sobre contaminación por nitratos, unha norma clave para reducir este tipo de contaminación, alcanzando así os obxectivos ambientais sinalados pola lexislación nacional e pola Unión Europea. Esta regulación obriga a identificar e vixiar as augas afectadas e establece criterios para designar zonas vulnerables, co fin de pór en marcha programas de actuación coordinados coas actividades agrarias.

Leer más:   En Quintela, el actual alcalde es el último que estuvo en el cargo antes de la promulgación de la Constitución Española en Galicia. Mientras que, en Beade, se ha despedido a un individuo autoproclamado como "franquista" llamado Senén Pousa

“Grazas a regulación aprobada polo executivo de Pedro Sánchez, superouse un problema de indefinición destas zonas contaminadas, que se arrastraba desde a incompleta declaración do ano 2011, unha decisión que deixou zonas como as Conchas nun limbo”, recordaron os e as socialistas ourensáns. “Tamén se clarexaron as dúbidas competenciais”, advertiron. “Os traballos xa executados e os investimentos económicos previstos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico durante as últimas dúas lexislaturas, permitirán darlle un sólido pulo á mellora medioambiental desta zona de alto valor ecolóxico da nosa provincia”, concluíron.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Xunta destina 3,25 M€ en axudas ao asesoramento das explotacións agrícolas e gandeiras
Artículo siguienteFiscalía investiga el papel de la Xunta en la ola de incendios del pasado verano en Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.