Inicio Destacado Muíños acolle este domingo o campionato galego de inverno de piragüismo de...

Muíños acolle este domingo o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas

Na presentación da proba, Manuel Baltar remarcou a fonda aposta do goberno provincial polo deporte náutico; situando a organización desta competición dentro “dos froitos do traballo do Concello de Muíños na súa alianza coa Federación Galega do Piragüismo e o apoio de Deputación de Ourense e Xunta de Galicia”

O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, destacou a importancia que ten para o rural desenrolar estas probas, “cun retorno económico moi importante para toda a comarca da Baixa Limia”

O presidente da Federación Galega de Piragüismo agradeceu a colaboración da Deputación e lembrou o potencial de Ourense: “Esta provincia ten as mellores láminas de auga de España, por non dicir de Europa”

A proba deste domingo, na que participarán 41 clubes galegos, celebrarase nas categorías infantil e cadete nas modalidades de K-1, C-1 e paracanoe. E o vindeiro 9 de abril, Muíños acollerá o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas en barcos de equipo, cunha participación estimada de 500 rapaces

Leer más:   Manuel Baltar reúnese co alcalde de Esgos

Ourense, 24 de marzo de 2022.- Muíños acollerá este domingo, día 27 de marzo, o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas. Á presentación da proba, celebrada esta mañá no Pazo Provincial, asistiron o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de Muíños e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo (FGP), Fredi Bea e o xefe de servizos de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez.

Manuel Baltar remarca que “esta é unha disciplina de pasado, presente e futuro. Ourense non so é un territorio de deporte senón que tamén é o mellor conectado de Galicia. E isto repercute a todos os niveis”. O presidente da Deputación lembrou a fonda aposta da Deputación neste eido: “No seu momento foi unha aposta intuitiva, sabedora das nosas posibilidades de éxito. E con estas iniciativas estamos reforzando esta imaxe de provincia como sinónimo de deporte. Ademais, nun enclave, Muíños, que é perfecto para estas cuestións”.

Leer más:   A Deputación creará unha oficina para apoiar aos concellos na implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030

Plácido Álvarez destacou a importancia que ten para Muíños organizar estas competicións: “Estes eventos no rural son vitais, teñen un retorno económico moi importante para toda a comarca da Baixa Limia”. O alcalde agradeceu a cooperación da Federación Galega de Piragüismo, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense.

O presidente da FGP, Fredi Bea, destacou a colaboración da Deputación -“incrementada este ano para que Ourense siga crecendo no panorama do piragüismo”- e lembrou o potencial da provincia: “Ourense ten as mellores láminas de auga de España, por non dicir de Europa”. Pola súa banda, Manuel Pérez aplaudiu a cooperación interadministrativa entre concellos da provincia, Deputación e Xunta para desenrolar estas competicións deportivas.

A cita do domingo, en horario de mañá e tarde, suma 625 rapaces inscritos de 41 clubes galegos diferentes, en categorías infantil e cadete nas modalidades de K-1, C-1 e paracanoe. O inicio da competición está previsto para as 10,00 horas e o peche sobre ás 19,30 horas. Pola mañá será a quenda das categorías infantil, que competirán en embarcacións individuais sobre unha distancia de 3.000 metros. E pola tarde, os cadetes nun trazado de 5.000 metros.

Leer más:   Vandalismo en Ourense afecta a vehículos en la Avenida de Buenos Aires

Campionato galego de barcos de equipo

Ademais, esta mañá presentouse no Pazo Provincial o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas en barcos de equipo, en categoría infantil e cadete. A competición celebrarase tamén en Muíños, o vindeiro sábado 9 de abril en horario de mañá. Espérase unha participación duns 500 rapaces de toda Galicia. Os infantís competirán en embarcacións dobres sobre unha distancia de 3.000 metros e os cadetes, sobre 5.000. “Reunir a 1.100 rapaces en estas dúas probas non é un milagre senón o froito do traballo do Concello de Muíños na súa alianza coa Federación Galega de Piragüismo e, por suposto, co apoio da Deputación de Ourense”, conclúe Manuel Baltar.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación activa a Ourense Film Commission no posicionamento da provincia como sede de rodaxes
Artículo siguienteA Deputación participa na xunta de traballo do Grupo de Datos Abiertos da FEMP
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.