Inicio Destacado Verín e O Barco gozaron coas Xornadas de Folclore

Verín e O Barco gozaron coas Xornadas de Folclore

Ourense, 15 de agosto de 2022- Os participantes da XXXVII edición das Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo coa colaboración ca Xunta de Galicia, mostraron as súas danzas tradicionais en Verín e O Barco e Verín, onde o público encheu os espazos habilitados en ambas vilas para gozar con este evento. 

O Barco de Valdeorras tivo a oportunidade de desfrutar das actuacións de Costa de Marfil, Indonesia e Chile mentres que Verín fixo o propio grazas ás actuacións de Timor Oriental, México e Colombia. 

Tras estas xornadas, os participantes – 200 persoas incluíndo artistas e equipo técnico –percorreron 14 localidades da provincia ourensá, daranse cita esta noite na capital ourensá – para celebrar a partir das 22,30 horas un desfile que partirá do Parque de San Lázaro para finalizar na Praza Maior, onde terá lugar, arredor das 23,00 horas, a actuación das seis formacións participantes nestas xornadas

Leer más:   As Xornadas de Folclore chegan a Celanova e O Carballiño

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 16 de agosto de 2022
Artículo siguienteDenunciamos as mentiras de Jácome sobre o arranxo da locomotora da Ponte e reclamamos a súa posta en valor inmediata
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.