O piragüismo galego inicia a tempada en Castrelo de Miño coa participación de 500 deportistas no Campionato de Inverno

No Parque Náutico de Galicia, o vicepresidente provincial César Fernández destacou “o apoio constante e firme da Deputación cara os deportes náuticos para potenciar tamén un ecosistema de turismo deportivo”

A competición celebrarase o sábado día 26 nun circuíto de 5.000 metros de lonxitude na modalidade de embarcación individual e coa representación de 39 clubs procedentes de toda Galicia

Ourense, 23 de febreiro de 2022.- O piragüismo galego iniciará a súa tempada no Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño, coa celebración do Campionato de Inverno, que o sábado día 26 reunirá nesta lámina de auga a un total de 521 deportistas. A proba foi presentada esta mañá nas instalacións do parque náutico coa presenza do vicepresidente da Deputación e representante para a cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o xefe de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente e mailo delegado para Ourense da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea e José Manuel Fernández; e o presidente do club fluvial Avión-Castrelo de Miño, Pedro Andrés.

A competición, que se iniciará ás dez da mañá e prolongarase durante o día, disputarase nun circuíto de 5.000 metros de lonxitude. Os 521 deportistas inscritos -363 homes e 128 mulleres pertencentes a 39 clubs galegos- participarán na modalidade de embarcación individual e nas categorías senior, sub23, junior, veterano e paracanoe, tanto masculino como feminino.

O vicepresidente César Fernández, destacou “o apoio constante e firme da Deputación de Ourense cara os deportes náuticos, nunha clara estratexia que ten como finalidade aproveitar a gran calidade das nosas láminas de auga para potenciar tamén un ecosistema de turismo deportivo”. O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, agradeceu pola súa banda o apoio da institución provincial “que está a permitir que este sexa, sen xénero de dúbida, o Parque Náutico de Galicia, cos beneficios que elo implica tamén para toda a comarca do Ribeiro”. Entre tanto, o delegado en Ourense da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Fernández, destacou “o importante número de inscricións para participar nun campionato que abre a nosa tempada e que vai ter en Castrelo de Miño un dos seus principais escenarios”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Gallo se lleva el premio al mejor lanzamiento con su pasta infantil en los Premios AECOC Shopper Marketing

Grupo Gallo ha sido reconocido en la entrega de los Premios AECOC Shopper Marketing e…

7 horas hace

Persán llega a un nuevo máximo histórico en ingresos, acumulando 811 millones de euros

La multinacional sevillana Persán, líder europeo en la producción y comercialización de detergentes y suavizantes,…

8 horas hace

Indra alcanza máximos históricos tras presentar resultados, analistas prevén alzas sostenidas en bolsa

Después de que Indra presentase el lunes sus resultados del primer trimestre, con un incremento…

8 horas hace

Presentada la nueva versión del Libro Blanco de la Federación Española de Párkinson centrada en los derechos de las personas

La Federación Española de Párkinson (FEP) ha presentado la versión actualizada de su ‘Libro Blanco…

9 horas hace

Emilio Sánchez Academy recibe distinción de excelencia por Middle States Athletics Program

La **Emilio Sánchez Academy** ha sido reconocida con la ‘**Middle States Athletics Program Distinction**’ por…

1 día hace

Innovación primaveral en Caldea: cabina de hielo y vaporización de aromas

La primavera es un buen momento para adoptar unas rutinas de cuidado de la piel…

1 día hace

Esta web usa cookies.