Manuel Baltar reivindica na asemblea xeral do Eixo Atlántico o “papel central de Ourense” dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O presidente da Deputación participou na asemblea xeral ordinaria do Eixo Atlántico, celebrada en Santiago de Compostela. Manuel Baltar resalta a importancia da “cooperación” ante un “escenario cheo de oportunidades”

Como presidente do Foro Termal, Manuel Baltar avanza en 2022 un momento clave para o termalismo, “con fitos como o Congreso Mundial” que se celebrará este ano en Ourense e o traballo en rede para reforzar a visibilidade europea deste recurso, “un dos máis importantes que compartimos Galicia e o norte de Portugal”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asumiu a presidencia do Eixo Atlántico avanzando liñas prioritarias de traballo coma o municipalismo, a sostenibilidade ou a conectividade

Santiago, 23 de febreiro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Santiago de Compostela na asemblea xeral do Eixo Atlántico, que cumpre 30 anos coma sistema urbano da Eurorrexión Galicia – Norte Portugal. “Son tres décadas de cooperación internacional entre as principais entidades públicas de Galicia e o norte de Portugal. Este é un espazo para apostar por Europa, no que a Deputación ten dende fai uns meses un papel protagonista, formando parte do Eixo e presidindo o Foro Termal”.

“Esta é unha nova oportunidade para reivindicar o noso papel, central, nesta eurorrexión e para coñecer proxectos neste escenario, que é un escenario cheo de oportunidades”, sinalou Manuel Baltar. O presidente provincial pondera a importancia da cooperación transfronteriza en aspectos como o termalismo: “Esta é unha das cuestións clave, os proxectos compartidos nunha época como esta, cos fondos Next Generation. E ademais, Ourense é a provincia de España con máis quilómetros de fronteira con outra nación: 219 quilómetros de fronteira con Portugal”.

Como presidente do Foro Termal, Manuel Baltar destacou durante a asemblea ordinaria a importancia deste recurso de saúde na saída da crise sanitaria derivada da pandemia. “As augas termais e mineiro-medicinais son un motor clave neste contexto: é o momento para manifestar  con forza a súa importancia”. O presidente provincial de Ourense avanzou un momento clave para o termalismo neste ano: “En 2022 teremos fitos importantes como o Congreso Mundial de Termalismo -que se celebrará en setembro en Ourense-. Todo impulsado a través do traballo en rede, do que é un exemplo o Eixo Atlántico”.

Manuel Baltar lembra que o termalismo é “un dos recursos máis importantes que temos en común nestas dúas perspectivas que conformamos a imaxe única do Eixo Atlántico. Así traballamos no Foro Termal, para ser un exemplo de visibilidade do ámbito europeo tamén neste eido”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asume a presidencia do Eixo Atlántico

A asemblea administrativa celebrouse esta mañá no refectorio monumental do Hotel Monumento San Francisco. Nela, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, relevou como presidenta do Eixo Atlántico a Ricardo Rio -presidente da cámara municipal de Braga, a quen se lle recoñeceu o seu traballo “extraordinario”-. Lara Méndez avanzou en Santiago os proxectos a desenrolar durante 2022 polo Eixo Atlántico, baseados en aspectos coma a cohesión social, a sostenibilidade urbana, a innovación, a internacionalización ou o desenrolo económico.

O acto foi aberto por Xosé Sánchez Bugallo -alcalde de Santiago-, e nel estiveron representantes de 39 diputacións e municipios de Galicia e norte de Portugal, coma Alfredo García -alcalde de O Barco-, Miguel Anxo Lores -alcalde de Pontevedra-, Alberto Varela -alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp- ou, por parte do Eixo Atlántico, o seu secretario xeral, Xosé Vázquez Mao.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El fuego en Avión (Ourense) ha sido controlado luego de destruir alrededor de 16 hectáreas

OURENSE, 11 (EUROPA PRESS) El incendio forestal declarado en el municipio ourensano de Avión, parroquia…

2 horas hace

Un motorista fallece en un accidente de tráfico en Bande (Ourense)

OURENSE, 11 (EUROPA PRESS) Un motorista, nacido en 1985, ha fallecido esta tarde de sábado…

3 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 11 de mayo de 2024

Para las primeras horas del día en Ourense se prevén nubes y claros con escasa…

18 horas hace

Torralbenc, Experimental, Faustino Gran y Son Vell entre los hoteles destacados de Menorca

Baleares es uno de los destinos preferidos del turismo internacional y Menorca se ha convertido…

23 horas hace

Tras presentar resultados, Fluidra cierra la semana con un 13 % de subida

Fluidra se ha convertido en uno de los grandes protagonistas de la semana bursátil, con…

1 día hace

El sector inmobiliario reclama más planificación a pesar del consenso en reformas normativas

Alcanzar un cambio de paradigma del sector con todas las reformas normativas que se están…

1 día hace

Esta web usa cookies.