Inicio Destacado A Deputación colabora nun proxecto de humanización de terreos para construír vivendas...

A Deputación colabora nun proxecto de humanización de terreos para construír vivendas sociais na Peroxa e na renovación da piscina municipal

Terreos onde se construiran as vivendas sociais

Visita do presidente da Deputacion a Peroxa 1

Manuel Baltar visitou o concello para manter un encontro de traballo co alcalde, Manuel Seoane, recoñecendo o seu traballo para “convertir á Peroxa nun exemplo de dinamización do rural, con dedicación á xestión municipal as vinte e catro horas do día”

O rexedor agradeceu “o compromiso do presidente da Deputación cun concello de escasos recursos; todos estes proxectos serían imposibles sen a axuda da administración provincial”

A Peroxa é un dos doce concellos ourensáns que recibirán un tractor de roza para a prevención de incendios, no marco do convenio asinado pola Deputación de Ourense, a única das catro galegas, coa Consellería de Medio Rural

A Peroxa, 2 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, repasaron as liñas de colaboración abertas entre ambas institucións no transcurso da visita que o presidente do goberno provincial realizou esta mañá ao concello. Un encontro de traballo no que tamén estivo presente o concelleiro José Manuel Rodríguez e que se completou cun percorrido por varios espazos do municipio nos que se están a desenvolver actuacións que contan co financiamento da Deputación.

Leer más:   O Campionato de España de Atletismo culmina unha fin de semana “que ofreceu unha enorme visibilidade a Ourense no ámbito do deporte”

Manuel Baltar detallou entre estes proxectos a renovación da piscina municipal e a humanización de terreos para a construción de vivendas sociais. Esta última actuación conta cun orzamento de máis de 150.000 euros, dos que a Deputación achega o 30% e a Xunta de Galicia o 70% restante.

O presidente do goberno provincial tamén destacou que A Peroxa é un dos doce concellos ourensáns que recibirán este ano un tractor equipado con maquinaria de roza para a prevención de incendios, no marco do convenio asinado pola Deputación de Ourense, a única das catro galegas, coa Consellería de Medio Rural.

Traballo en clave municipal, provincial e galego

Manuel Baltar puxo énfase no labor dun alcalde “que non só pensa en clave municipal, senón tamén de provincia e de Galicia”. Visitar A Peroxa, asegurou o presidente da Deputación, “é aprender dun dos 23 alcaldes españois que levan traballando desde o ano 1979 para dar os mellores servizos á veciñanza, que seguro seguirá confiando na súa dedicación á xestión municipal as vinte e catro horas do día”. Este é o camiño, afirmou o presidente, “para converter a un concello como A Peroxa en exemplo de dinamización do rural”.

Leer más:   Manuel Baltar: "Ourense está consolidada coma capital tecnolóxica, con ferramentas da potencia da nosa alianza coa Mobile World Capital"

Pola súa banda, Manuel Seoane agradeceu “o que fixo, fará e seguirá facendo o presidente da Deputación”, subliñando o apoio do goberno provincial a un concello de menos de 2.000 habitantes e con recursos limitados que, ademais, “leva cinco anos cos impostos conxelados”. Todas as actuacións desenvolvidas na Peroxa, engadiu o rexedor, “serían imposibles sen a axuda da Deputación e o compromiso do seu presidente”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar sitúa á Festa do Peixe de Bande como “o punto de partida do carrusel de citas gastronómicas na provincia”
Artículo siguienteQuedan en libertad siete de los ocho investigados por tráfico de drogas en Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.