Inicio Destacado Manuel Baltar sitúa á Festa do Peixe de Bande como “o punto...

Manuel Baltar sitúa á Festa do Peixe de Bande como “o punto de partida do carrusel de citas gastronómicas na provincia”

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación da 51 edición desta festa, que co apoio da Deputación “volve con todas as forzas nun verán inusual e con milleiros de persoas ao redor de celebracións como estas”, afirmou o presidente

A alcaldesa, Sandra Quintas, lembrou as orixes dunha cita que naceu da fama que entre os pescadores tiñan “os nosos magníficos e prezados ríos”, invitando aos ourensáns a gozar da festa e coñecer o patrimonio histórico e natural e as augas termais da zona

Ademais de música e actividades lúdicas, o programa inclúe expositores gastronómicos todos os días, o campionato de pesca e a tradicional degustación do peixe

Ourense, 2 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, presentaron esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel a LI Festa do Peixe que se celebrará na vila os días 10, 11 e 12 de xuño, co apoio da Deputación. Unha celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, que ten a súa orixe nun campionato de pesca e que hoxe contribúe á promoción da riqueza piscícola dos seus ríos, da gastronomía local, do patrimonio histórico e das súas augas termais.

Leer más:   A Fundación Carlos Velo edita co apoio da Deputación o libro "A caixa do correo", unha recompilación de 133 cartas persoais do cineasta

Manuel Baltar cualificou á Festa do Peixe como “un clásico no calendario das festas gastronómicas de Ourense”, destacando que “volve con todas as forzas porque trala pandemia imos ter un verán inusual, con milleiros de persoas ao redor de celebracións como estas”. O presidente agradeceu á alcaldesa que “manteña estas tradicións, que ademais de promocionar o produto estrela tamén poñen en valor un municipio “que é como a provincia de Ourense a escala, xa que ten todo o potencial do noso territorio representado polo patrimonio cultural, natural e o termalismo”.

Sandra Quintas agradeceu o apoio da Deputación para esta festa que, lembrou, naceu da fama que entre os pescadores tiñan “os nosos magníficos e prezados ríos”. Con “moita ilusión, ganas e forza por retomar esta cita”, a alcaldesa de Bande invitou aos ourensáns “a gozar de tres días de festa nun concello no que poden coñecer a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, o campamento romano de Aquis Querquennis e as termas deste enclave”.

Leer más:   O Pacto Social de AquaOurense presenta iniciativas concretas para mellorar a inclusión, a accesibilidade e o emprego na provincia

200 quilos de peixe

A Festa do Peixe, cun marcado carácter tradicional, comezará o venres 10 de xuño ás 20.00 horas coa inauguración oficial, que inclúe actuacións musicais e unha degustación gastronómica na Praza da Constitución. A xornada pecharase á medianoite cun espectáculo de música. O sábado, día 11, o programa comeza pola mañá con pasarrúas e exhibicións de patinaxe, seguindo pola tarde cun espectáculo infantil e a entrega de premios e trofeos de diversos concursos e campionatos. A música, xunto coas degustacións, protagonizan o resto da xornada.

O domingo concentra dúas das actividades estrela da festa. En primeiro lugar o campionato de pesca, que conta coa colaboración da federación galega. O presidente do Club O Peixe, Rafael Serrano, presente tamén no acto, explicou que a competición celebrarase entre as 08.00 e as 13.00 horas no coto de Ponte Liñares, no río Limia, coa participación de preto de 40 pescadores e con premios para todas as categorías: masculina, feminina e infantil. Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas e na praza da Constitución está prevista a degustación de máis de 200 quilos de peixe, ademais doutros produtos locais como empanadas e pan artesán.

Leer más:   Manzaneda prepárase para un novo fin de semana de promoción e difusión da cultura galega

- Te recomendamos -
Artículo anteriorMaría Bustillo Casado asume la jefatura del Servicio de Medicina Interna del Hospital Universitario de Ourense
Artículo siguienteA Deputación colabora nun proxecto de humanización de terreos para construír vivendas sociais na Peroxa e na renovación da piscina municipal
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.